Preguntas frecuentes
Lista de FAQ
- Que é GzVídeos?
- GzVídeos (Galiza Vídeos) é unha plataforma independente de comunicación popular que difunde contidos audiovisuais xerados por e para as organizacións populares, movementos sociais, colectivos, asociacións e iniciativas, sempre que resposten aos intereses , revindicacións e expresións creativo-culturais do pobo traballador galego, en particular a súa loita polo dereito democrático á libre determinación.
- Cal é a filosofía do proxecto?
Defendemos un concepto de comunicación popular ligada a programas amplos de organización e acción política, social, sindical e cultural, procurando combater a distorsión e silenciamento que os medios de masas perpetran a diario a respeito das loitas e iniciativas que colisionan cos intereses do capital.
Pretendemos afortalar a acción colectiva fronte a uns medios que antepoñen os intereses dos monopolios empresariais, lexitiman as desigualdades e implantan a cultura do consumo, do egoísmo, da farándula, da banalización e da mentira, e que practican o imperialismo cultural.
- De quen parte e como se financia a iniciativa?
- O colectivo do que parte GzVideos, constituido en "Asociación Cultural Galiza-Videos" xestiona a plataforma-web, auto-finánciándoa cos seus proprios recursos. Xestiona a páxina web gzvideos.info, selecciona e publica os materiais recibidos e realiza pezas audiovisuais que periodicamente se van incluíndo na páxina.
- Cales son os nosos obxectivos?
O noso obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa. GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares.
Os nosos obxectivos son:
- - Democratizar o acceso á información
- - Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular
- - Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais
- - Incrementar a capacidade real de participación política
- - Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte a uns medios de masas ao servizo do capital que conforman e reproducen a ideoloxía dominante
- - Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza radical do sistema
- - Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres
- - Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo
- - Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular
- Que orientación ideolóxica ten o proxecto?
- Posicionamento de clase en favor dos traballadores e traballadoras
- Defensa de Galiza como nación, así como da súa cultura e língua propias
- Defesa do dereito de libre determinación e da construción do poder popular
- Difusión dos valores solidarios do internacionalismo e do antiimperialismo
- Afirmación das identidades oprimidas e subalternas no capitalismo (clase, xénero, nacionalidade) e protagonismo dos sectores e grupos sociais interesados en por en causa o statu quo
- Que podo atopar en GzVideos?
Podes atopar:
- Un arquivo en constante actualización que conta inicialmente cuns 1.000 videos agrupados nas categorías: “Clase traballadora«, «movementos sociais«, «soberanismo galego«, «divulgación e língua«, «internacionalismo«, «arquivo histórico«.
- GalizaTV. Reprodución contínua a pantalla completa dos mellores materiais audiovisuais
- WIKI. Sección en proceso constante de anovamento que conterá materiais formativos na teoría e práctica do video-activismo popular, historia do cinema e uso da plataforma
- Sección ENVÍA, onde podes achegar materiais para a súa publicación en GzVideos, sempre que se axusten aos criterios editoriais que acabamos de expor
- Blog. Artigos e destaques que realizará a equipa editora
