Capa  ›  Sobre GzVideos  ›  Funcionamento xeral  ›  Contidos en GzVideos

Tags:

Contidos en GzVideos

Gzvideos produce os seus proprios vídeos?
Aínda que non todos os materiais publicados na páxina procedan da produción propria, GzVideos edita e publica unha parte das pezas audiovisuais incluídas. Nestes casos, indicaráse que é un material auto-producido (tal e como nos demáis se cita a autoría ou procedencia).

Responsabilízase Gzvideos do conteúdo das aportacións externas?
Limitámonos a recoller e seleccionar as achegas externas, aloxadas en servidores alleos, sempre que non atenten contra os principios da plataforma, e non ten por que coincidir necesariamente coas opinións ou feitos que poidan transmitir. A responsabilidade de cada peza audiovisual recae unicamente no autor/autoras.

Existe moderación en Gzvideos?
Co obxectivo de oferecer un espazo para a discusión e o debate construtivos, a plataforma-web está suxeita a moderación , e inclúe tanto a selección dos materiais como dos comentarios. Non obstante, acreditamos na «intervención mínima» e pensamos que o ideal é a auto-regulación dos usuarios/as que pouco a pouco vaian conformando a comunidade en torno á cal xire a plataforma.

Por que algúns vídeos se destacan no reprodutor superior e outros non?
Dun ponto de vista subxectivo, destacamos no cabezallo aqueles vídeos que consideramos máis acaídos co proxecto ou de especial relevancia informativa / creativa.


Deixa unha resposta

1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Axúdanos a mellorar o wiki Envía a túa suxerencia