Wiki GzVideos

Outras cuestións
A onde subo os meus vídeos?

Gzvideos aconsella aloxar os materiais audiovisuais en servidores libres independentes, que oferezan plena seguridade e faciliten a súa distribución pola rede. En todo caso, somos conscientes de que non todas temos acceso a este tipo de servidores, e que as opcións máis populares non respeitan as licenzas libres e lúcranse co noso traballo. Neste sentido, non publicitamos nengún servizo gratuito, mais aconsellamos a utilización de aqueles que respeten as licenzas libre e que ademais permiten a libre descarga e facilitan a inclusión dos vídeos na nosa plataforma.

Como podo contactar cos xestores da plataforma-web de Gzvideos?

Podes comunicarte con nós e preguntarnos calquera custión que non lograses respostar nos apartados anteriores. Ponnos a caldo ou decláranos a túa simpatía. Aconsella novos apartados ou matiza calquera conteúdo. Para todo iso e mais info@gvideos.info.

Podo solicitar a retirada dun material publicado?

Sempre que creas que un material concreto atenta contra a túa privacidade ou integridade, podes porte en contacto con nós en info@gzvideos.com.

Copyleft e GzVideos
Que son as licenzas libres?

As licenzas libres comprenden un grupo de dereitos de propiedade intelectual caracterizados por eliminar as restricións de distribución ou modificación das que adoece o copyright, coa condición xeral de que o traballo derivado se manteña co mesmo réxime de propiedade intelectual que o orixinal.

Cal licenza escollo para o meu material?

Pór as vosas obras baixo unha licenza libre non significa que se desprendan dos seus dereitos autorais. Este tipo de licenzas ofrecen algúns dereitos a terceiras persoas baixo certas condicións. Sempre tes o dereito de Recoñecemento: O material creado por un artista pode ser distribuído, copiado e exhibido por terceiras persoas se se mostra nos créditos.

E podes combinalo con outros tres dereitos:

- Non Comercial: O material orixinal e os traballos derivados poden ser distribuídos, copiados e exhibidos mentres o seu uso non sexa comercial.

- Sen Obra Derivada: O material creado por un artista pode ser distribuído, copiado e exhibido pero non se pode utilizar para crear un traballo derivado do orixinal.

- Compartir Igual: O material creado por un artista pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licenza que o material orixinal.

Como podo saber a licenza dun material que atopei na rede?

Se o material ten unha licenza libre esta ten que ser visíbel, se non fose así, automáticamente atribueselle como licenza o copyright.

Por que defendemos e promocionamos as licenzas libres?

Cremos que debemos reapropiarnos da información a través dos medios que xeremos a través das redes sociais. A crise da credibilidade da prensa tradicional, o cuestionamiento da obxectividade e a aparición de ferramentas dixitais accesibeis a todos converten a comunicación nunha conversa da que os movementos máis activos non poden estar ausentes.

Aloxa esta páxina materiais suxeitos a dereitos de autor restritivos?

Gzvideos non aloxa no seu servidor nengún dos vídeos publicados en calquera das súas seccións, se non que se limita a incluír un código que permite o acceso a estes materiais. Neste sentido, os responsábeis da inclusión de materiais con dereitos de autoría restritivos son as próprias empresas que fornecen o servizo de hosting de vídeo. En todo caso, a nosa política a respeito de materiais audiovisuais con dereitos restritivos é a da súa retirada se así é solicitado polos seus autores.

Cais son os requisitos de recoñecemento para os materiais auto-producidos por Gzvideos?

Os que en cada entrada se especifiquen para cada video en concreto. O texto e gráficos están suxeitos a unha licenza Creative Commons 3.0 ES Recoñecimento-Non Comercial – Compartir Igual. O Recoñecimento deberá consistir nunha mención a Gzvideos acompañada dunha ligazón á nosa páxina principal.

Envíos de materiais
Que tipo de materiais podo enviar a Gzvideos?

A plataforma-web está en permanente construción, así que sería imposíbel facer unha lista exacta de tipoloxías susceptíbeis de seren publicadas. Non obstante, e de xeito referencial, podes consultar as categorías e tags para facerte unha idea aproximada do que pretendemos. Gzvideos é un lugar onde terán cabida materiais que fagan referencia a palestras, obradoiros, concentracións, manifestacións, folgas, análise crítica da realidade, documentarios, reportaxes, entrevistas… Conteúdos que prioricen o aspecto informativo e a criazón de pensamento crítico, dentro da liña do expresado nos nosos principios e obxectivos.

Descartaremos aquelas aportacións que:

- Promocionen o ánimo de lucro ou teñan fins comerciais.

- Insulten ou atenten contra a dignidade dos indivíduos e colectivos dos movimentos e organizacións populares.

- Inciten á discriminación por custións étnicas, culturais, lingüísticas, sexuais, laborais ou de outro tipo.

Podo enviar vídeos se non son a/o autor/as orixinal da obra?

Gzvideos tamén está aberta ao envío de materiais que atopes na rede, sempre que se axusten aos princípios da platafoma e respeites e indiques a licenza de cada material.

Aceptamos materiais cunha língua veicular que non sexa o galego/portugués?

Gzvideos utiliza e vindica o galego/portugués como língua propria en calquera das súas normativas.  En todo caso, valoraremos a finalidade informativa ou artística do emprego doutros idiomas nos videos enviados. No caso de materiais internacionais, estarán, na medida do posíbel, subtitulados ao noso idioma.

FORMULARIO DE ENVÍO

Que ligazón debo enviar?

Debes enviar unha ligazón ao proprio material audiovisual, ben o link da plataforma onde está aloxado (blip.tv, youtube, etc), ben no seu formato colector (identificado meiante unha extensión mp4,.ogg, .flv. etc.).

Debo especificar o meu nome real?

Se o material é da túa autoría, a efectos de recoñecemento, explícito nas licenzas libres, podes especificar o teu nome real. En todo caso, especifica un alias ou alcume en substitución do anterior.

Que título lle poño ao material que enviei?

Elixe un título informativo e concreto. No caso de ser problemático ou inexacto, tentaremos referilo ao contido do vídeo. Non buscamos un «titular», se non unha frase indicativa ao vídeo.

Que inclúo na caixa de texto?

Redacta non máis de 4 liñas de texto de modo estritamente informativo e/ou achega ligazóns que axuden a completar a información. (Máis de 4 liñas serás automaticamente resumidas).

Contidos en GzVideos
Gzvideos produce os seus proprios vídeos?

Aínda que non todos os materiais publicados na páxina procedan da produción propria, GzVideos edita e publica unha parte das pezas audiovisuais incluídas. Nestes casos, indicaráse que é un material auto-producido (tal e como nos demáis se cita a autoría ou procedencia).

Responsabilízase Gzvideos do conteúdo das aportacións externas?

Limitámonos a recoller e seleccionar as achegas externas, aloxadas en servidores alleos, sempre que non atenten contra os principios da plataforma, e non ten por que coincidir necesariamente coas opinións ou feitos que poidan transmitir. A responsabilidade de cada peza audiovisual recae unicamente no autor/autoras.

Existe moderación en Gzvideos?

Co obxectivo de oferecer un espazo para a discusión e o debate construtivos, a plataforma-web está suxeita a moderación , e inclúe tanto a selección dos materiais como dos comentarios. Non obstante, acreditamos na «intervención mínima» e pensamos que o ideal é a auto-regulación dos usuarios/as que pouco a pouco vaian conformando a comunidade en torno á cal xire a plataforma.

Por que algúns vídeos se destacan no reprodutor superior e outros non?

Dun ponto de vista subxectivo, destacamos no cabezallo aqueles vídeos que consideramos máis acaídos co proxecto ou de especial relevancia informativa / creativa.

Principios e obxectivos de GzVideos
GzVideos, video-activismo para a transformación social

GzVídeos (Galiza Vídeos) é unha plataforma independente de comunicación popular que difunde contidos audiovisuais xerados por e para as organizacións populares, movementos sociais, colectivos, asociacións e iniciativas, sempre que resposten aos intereses , revindicacións e expresións creativo-culturais do pobo traballador galego, en particular a súa loita polo dereito democrático á libre determinación.

Defendemos un concepto de comunicación popular ligada a programas amplos de organización e acción política, social, sindical e cultural, procurando combater a distorsión e silenciamento que os medios de masas perpetran a diario a respeito das loitas e iniciativas que colisionan cos intereses do capital.Pretendemos afortalar a acción colectiva fronte a uns medios que antepoñen os intereses dos monopolios empresariais, lexitiman as desigualdades e implantan a cultura do consumo, do egoísmo, da farándula, da banalización e da mentira, e que practican o imperialismo cultural.

GzVídeos conta con produción propia, mais non pretende converterse en emisora uni-direccional, se non que o seu obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa.

GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares. Os nosos obxectivos son:

Democratizar o acceso á información

Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular

Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais

Incrementar a capacidade real de participación política

Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte a uns medios de masas ao servizo do capital que conforman e reproducen a ideoloxía dominante

Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza radical do sistema

Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres

Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo

Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular.

A nivel ideolóxico:

Posicionamento de clase en favor dos traballadores e traballadoras

Defensa de Galiza como nación, así como da súa cultura e língua propias.

Defesa do dereito de libre determinación e da construción do poder popular

Difusión dos valores solidarios do internacionalismo e do antiimperialismo

Afirmación das identidades oprimidas e subalternas no capitalismo (clase, xénero, nacionalidade) e protagonismo dos sectores e grupos sociais interesados en por en causa o statu quo

Que podes atopar en GzVideos?

1.000 videos agrupados nas categorías: “Clase traballadora«, «movementos sociais«, «soberanismo galego«, «divulgación e língua«, «internacionalismo«, «arquivo histórico«. (en constante actualización)

GalizaTV. Reprodución contínua a pantalla completa dos mellores materiais audiovisuais

WIKI. Sección en proceso constante de anovamento que conterá materiais formativos na teoría e práctica do video-activismo popular, historia do cinema e uso da plataforma

Sección ENVÍA, onde podes achegar materiais para a súa publicación en GzVideos, sempre que se axusten aos criterios editoriais que acabamos de expor

Blog. Artigos e destaques que realizará a equipa editora.

Pero isto non é todo. GzVídeos pretende ser unha iniciativa dinámica, que conte desde o primeiro día coas aportacións de todos e todas vós para lograr os seus obxectivos, establecendo un diálogo permanente non só coas organizacións e movementos, se non tamén cos seus militantes, para que adquiran conciencia da necesidade e potencialidades do video-activismo e da comunicación audiovisual popular, como parte dun proceso máis amplo de tranformación social dirixido a conquistarmos o poder popular.

Nese proceso, a educación e a comunicación forman xunto coa organización os alicerces que xerarán a contra-hexemonía precisa para invalidar o capitalismo e lograrmos a soberanía.

GzVideos. Trasmitindo poder popular.

Apaga a TV, prende a túa mente!

Podes contactar con nós no correo info[arroba]gzvideos.info