Ola!

Benvido/a á sección wiki de gzvideos.info, onde non só explicamos os fundamentos do proxecto, se non que pretendemos construir unha base de datos de formación e información sobre video-activismo e comunicación popular á túa disposición, respostando ao noso obxectivo por contribuir á capacitación e formación da militancia dos procesos organizativos populares

Artigos máis valorados

  • Principios e obxectivos de GzVideos 1 vote, average: 5,00 out of 51 vote, average: 5,00 out of 51 vote, average: 5,00 out of 51 vote, average: 5,00 out of 51 vote, average: 5,00 out of 5 (5,00 out of 5)
  • Contidos en GzVideos 0 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 5 (0,00 out of 5)
  • Envíos de materiais 0 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 5 (0,00 out of 5)
  • Copyleft e GzVideos 0 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 50 votes, average: 0,00 out of 5 (0,00 out of 5)

  • Preguntas frecuentes

    • Que é GzVídeos?
      • GzVídeos (Galiza Vídeos) é unha plataforma independente de comunicación popular que difunde contidos audiovisuais xerados por e para as organizacións populares, movementos sociais, colectivos, asociacións e iniciativas, sempre que resposten aos intereses , revindicacións e expresións creativo-culturais do pobo traballador galego, en particular a súa loita polo dereito democrático á libre determinación.
    • Cal é a filosofía do proxecto?
      • Defendemos un concepto de comunicación popular ligada a programas amplos de organización e acción política, social, sindical e cultural, procurando combater a distorsión e silenciamento que os medios de masas perpetran a diario a respeito das loitas e iniciativas que colisionan cos intereses do capital.

        Pretendemos afortalar a acción colectiva fronte a uns medios que antepoñen os intereses dos monopolios empresariais, lexitiman as desigualdades e implantan a cultura do consumo, do egoísmo, da farándula, da banalización e da mentira, e que practican o imperialismo cultural.

    • De quen parte e como se financia a iniciativa?
      • O colectivo do que parte GzVideos, constituido en "Asociación Cultural Galiza-Videos" xestiona a plataforma-web, auto-finánciándoa cos seus proprios recursos. Xestiona a páxina web gzvideos.info, selecciona e publica os materiais recibidos e realiza pezas audiovisuais que periodicamente se van incluíndo na páxina.
    • Cales son os nosos obxectivos?
      • O noso obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa. GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares.

        Os nosos obxectivos son:

        • - Democratizar o acceso á información
        • - Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular
        • - Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais
        • - Incrementar a capacidade real de participación política
        • - Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte a uns medios de masas ao servizo do capital que conforman e reproducen a ideoloxía dominante
        • - Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza radical do sistema
        • - Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres
        • - Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo
        • - Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular
    • Que orientación ideolóxica ten o proxecto?
        • Posicionamento de clase en favor dos traballadores e traballadoras
        • Defensa de Galiza como nación, así como da súa cultura e língua propias
        • Defesa do dereito de libre determinación e da construción do poder popular
        • Difusión dos valores solidarios do internacionalismo e do antiimperialismo
        • Afirmación das identidades oprimidas e subalternas no capitalismo (clase, xénero, nacionalidade) e protagonismo dos sectores e grupos sociais interesados en por en causa o statu quo
    Seguinte ›Páx. 1 de 2