A revista ANDAINA celebrou o sábado (28.03.09) un encontro charla/cea de agasallo, recoñecemento e cariño a LIDIA SENRA polo seu traballo ao longo dos anos: de loita polos dereitos das mulleres labregas, a defensa da terra e da soberanía alimentar, asi como o seu liderato exemplar á frente do Sindicato Labrego Galego (SLG) e como dirixente do mesmo e para amosar o apoio á continuidade do seu labor.
A cea desenvolveuse no centro social A Gentalha do Pichel en Compostela, e dela participaron máis de sesenta mulleres. Após a charla de Lidia Senra encol da soberanía alimentaria, degustouse unha cea con produtos traballados, cultivados e cociñados polas mulleres de AMORODO.
Nos postres, un breve lembrando a traxectoria de Lidia, a súa combatividade, resistencia, coherencia e proximidade e a proxeción deste vídeo feito para a ocasión. Nos próximos dias tamén estará dispoñíbel un novo video sobre a cea, coas intervencións e cun resumo deste acto de encontro de mulleres e de apoio e cariño cara Lidia Senra.
Músicas: Projecto Trepia, Andwella, Edgar Allan Poe.








































