Usa software libre!
Gzvideos aposta polo software libre como revulsivo ao software privativo.
No software privativo, unha persoa física ou xurídica (compañía, corporación…), posúe os dereitos de autor, negando o dereito ao libre uso, ao estudo, á modificación é á copia libre.
Neste sentido, bloqueamos o acceso a navegador privativo de Microsoft, aconsellando a instalación dun navegador libre. Micro$oft é unha multinacional estadounidense denunciada polas súas prácticas monopolísticas. O Internet Explorer:
- É software privativo.
- Non respeita os estándares web, desconfigurando as páxinas-web e malogrando o traballo dos programadores.
- Adoece de numerosos fallos de seguridade.
- Non é multi-plataforma e obriga ao uso de windows.
- Conseguiu altas cuotas de mercado grazas a vir integrado en Windows, e non por méritos proprios.
É hora de que te actualices!
O software libre brinda aos usuarios a liberdade de usalo, copialo (distribuilo), estudalo, cambialo e melloralo, pondo a disposición o seu código fonte.
Fai click en calquera das seguintes iconas para descargar e instalar algún dos seguintes navegadores gratuitos. Seguro que non volves usar o navegador de Micro$oft.
Recomendámosche a instalación de Mozilla Firefox, versión Internacional multiplataforma.
Click aquí para conseguir a traducción á norma ILG-RAG do galego para o Firefox
Estes son só algúns videos da plataforma Usa software libre!






