Gzvideos participará nas Xornadas Antifascistas 2009: Madrid Anticapitalista, Antifascista, Antirracista • 29.10.09
O sábado 31 de outubro Gzvideos participará nun videoforum das Xornadas Antifascistas (organizadas pola Coordenadora Antifascista de Madrid) baixo o título “Criminalización dos movementos sociais. Contrainformación audiovisual” no que se proxectará o documentario de La Plataforma “Alarma social, como se crea? (que podedes ver aquí). Nós desde Galiza levaremos un resumo do noso traballo do último ano, unha escolma de vinte minutos, que tamén colgaremos na nosa web en breve, para compartillar con todas e todos vós.
A cita é no CSO La Traba. R/ Batalla de Belchite, 17. Metro Legazpi, ás 19.30 da tarde.
Agradecemos o convite ás compas de La Plataforma, colectivo de contrainformación audiovisual do que xa temos recollida na nosa web na sección internacional numerosas pezas. Agardamos que esta viaxe á capital do Pequeno Imperio sexa un momento de encontro e difusión das nosas loitas e das cousas que aquí acontecen, asi como para coñecermos ese Madrid que resiste, e que será a tumba do fascismo, tarde ou cedo.
Prometemos transmitir a través do noso blogue unha crónica desta viaxe, na próxima semana.
Apaga a tele e prende a túa mente!









































