Manifestación contra a ampliación da AP-9 en Chapela • 20.02.09
A Asociación de Afectados pola Ampliación da Autopista en Chapela convocou unha manifestación para o pasado 14 de febreiro á que acudiron uns 2500 veciños, que protestaron contra este proxecto contemplado no Plan Vigo Integra e no Plan Director de Estradas de Galiza. A asociación ten previstas máis mobilizacións neste mes e tamén levar a súas reivindicacións aos actos da campaña eleitoral.









































