7 Vote up

Manifestación contra as touradas en Pontevedra02.08.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Minutos antes das 19h da tarde, dúcias de persoas ían chegando á praza da Peregrina para se concentraren e saíren contra as 19:20h en manifestación polas rúas da cidade. Os diferentes colectivos despregaban as súas faixas, a meirande parte delas con motivos alusivos á degradante “festa” dos touros, mentres un gaiteiro amenizaba a mobilización xa desde o comezo. Durante o traxecto puidéronse escoitar diferentes palabras de orde, tal como: “A tortura non é festa nen cultura”, “Ilegalizar o maltrato animal”, “non son toureiros, son asasinos” ,”touradas fóra da Galiza” ou “festas populares, sen atrocidades”. A manifestación creou expectación na rúa, e numerosas persoas ían uníndose conforme avanzaba polo centro de Pontevedra. Na mesma tarde, tres matarifes torturaban os primeiros seis touros dos 24 que serán asasinados nestas dúas fins de semana. Máis info e galería de imaxes nesta ligazón.

Publicado en GZvideos, ecoloxismocon Nengún comentario →

7 Vote up

Precinto simbólico da praza de touros e roteiro antitouradas en Pontevedra31.07.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

 

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Vídeos dos dous actos levados a cabo pola Coordenadora Antitouradas de Pontevedra dentro da súa campaña de sensibilización perante a celebración de varios actos de tortura animal nesta cidade, “festexos” que comezan este 1 de agosto.

Hai que sinalar as ameazas, insultos e os intentos de agresións rexistrados no vídeo por parte dos empresarios taurinos cara as activistas que estaban a realizar o precintado simbólico da praza, feitos que amosan ás claras que tipo de persoas son capaces de organizar estes macabros espectáculos.

Publicado en GZvideos, ecoloxismocon Nengún comentario →

7 Vote up

Concentraçom Anti - Touradas em Sárria04.07.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Alguns dirám que foi um éxito a organizaçom das touradas em Sárria no dia de ontem, que já há umha grande tradiçom taurina na vila,etc. Nós só podemos estar satisfeitos por continuar coa tradiçom anti-taurina da vila, por juntar a mais de cem activistas diante da praça colocada na Outarela e sobretodo por lograr conscienciar a muitas sarrianas, especialmente entre a mocidade, da barbarie da sua “festa nacional”. Mais.

Publicado en GZvideos, ecoloxismocon Nengún comentario →

22 Vote up

Pontevedra Antitaurina chama á mobilización o día 9 de Agosto22.07.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A Plataforma Pontevedra Antitaurina convoca unha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar as touradas, durante as cais 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados coa complicidade das institucións públicas. Entre as actividades que están a realizar destaca a recollida de sinaturas a pé de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que están tendo moi boa acollida. Está prevista a realización dunhas mini-xornadas antitaurinas para os días previos á mobilización, que publicitaráns meiante o seu blogue. A de Pontevedra é a única praza de touros estábel da Galiza, e desde Pontevedra Antitaurina aseguran que loitarán pola súa desaparición. Para iso precisan da colaboración de tod@s nós, así que vémonos o sábado 9 de Agosto ás 19 horas na praza da Peregrina. NON FALTEDES!!

STOP TOURADAS!!  A TORTURA NON É ARTE NEN CULTURA!!

Publicado en GZvideoscon 1 Comentario →