II Reconquista de Toralla 08 • 17.09.08
Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convocatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto, co obxectivo de reclamar o uso público da illa de Toralla. Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación veu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.
Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.
Versión en baixa calidade aquí (mp4).








































