Hortas na cidade dos barrios (obradoiro do colectivo Desescribir) • 15.01.10
“Buscamos recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento. A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas. Queremos explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas.” hortasnacidade.wordpress.com









































