7 Vote up

Acto do MGS en recordo de Moncho Reboiras (Imo, 12/08/10)13.08.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) realizou un acto no cemiterio de Imo (Dodro), en recordo do militante nacionalista Moncho Reboiras, asasinado en 1975 pola policía franquista. Após a ofrenda floral falaron Antolín Alcántara e Ximena González, militantes do Movemento. Mais info no web do MGS.

Publicado en GZvideos, autodeterminación, historiacon Nengún comentario →

18 Vote up

Especial // Homenaxe Popular a Moncho Reboiras (35 Aniversario) (Imo, 7/08/10)13.08.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O pasado 7 de agosto tivo lugar en Imo (Dodro) unha homenaxe a Moncho Reboiras, coincidindo co 35 cabodano da súa morte a mans da policía franquista. No cemiterio tivo lugar a inauguración dunha placa conmemorativa, da autoría do escultor Acisclo Manzano, mentres se sucedían as intervencións de Anxo Angueira, X.L. Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana e Uxía Blanco, que foi a encerregada de ler o manifesto da comisión organizadora. A seguir, producíronse as actuacións musicais de Pilocha, Xico de Cariño, Mini e Mero e o conxunto de César Morán, Paco Campos e Xosé Taboada. O acto tamén contou con Margarita Ledo e María Brañas, que recitaron poemas, para rematar co agradecemento que o o irmán de Moncho, Manuel Reboiras, deu aos participantes e colaboradores na homenaxe. De GzVideos tamén queremos render a nosa particular homenaxe a Moncho Reboiras coa publicación íntegra de todas as intervencións e actuacións da xornada, precedidas dun resumo que condensa o mais salientábel.

Podes ver a continuación o resto dos materiais audiovisuais (20 VIDEOS):

(more…)

Publicado en GZvideos, autodeterminación, historiacon 2 Comentarios →

17 Vote up

Ceivar realizou umha marcha até a prisom de Teixeiro pola liberdade de Ugio Caamanho21.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O passado 26 de dezembro do 2009 tivo lugar a quarta ediçom da “Marcha pola Liberdade”, organizada polo organismo anti-repressivo Ceivar, que desta vez percorreu os dous quilómetros que há desde a gasolineira dos Morangueiros até a prisom de Teixeiro, onde actualmente está preso o independentista galego Ugio Caamanho. Cançom do vídeo: Machina - Dean paso á coraxe.

Publicado en GZvideos, represióncon Nengún comentario →

17 Vote up

Manifestaçom pola okupaçom em Compostela18.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

16-01-2010 “A enésima actuaçom repressiva contra a histórica casa okupa compostelana, cujas instalaçons fôrom tapiadas após o despejo dos okupantes no passado dia 29 de Dezembro, provocou ontem umha resposta mobilizadora de quase umha centena de vizinhos e vizinhas de Compostela.” Kaos Galiza.

Publicado en GZvideos, okupación, represióncon Nengún comentario →

11 Vote up

Concentraçom pola liberdade de Oscar e Xurxo, moços independentistas sequestrados polo Estado espanhol16.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O 15 de janeiro realizarom-se várias concentraçons convocadas polo organismo anti-repressivo Ceivar para exigir a posta em liberdade dos militantes independestistas Óscar S. B., dispersado ao centro penitenciário de Soto do Real em Madrid, e Jurjo R.O., que se atopa encarcerado no centro de menores dos Rosales em Carabanchel, detidos em um controlo policial  em Salcedo na madrugada do dia 14. Estas som imagens da concentraçom de Vigo. Máis info em ceivar.org.

Publicado en GZvideos, represióncon 2 Comentarios →