7
A Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega, a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial. O vídeo inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, ecoloxismocon 2 Comentarios →
5
A xente de Sinerxia, Madia Leva!, Plataforma Alternativa e outros movementos sociais lucenses uníronse ás accións descentralizadas contra o cumio do G-20 e, para iso, realizouse unha concentración- teatralización o día 28 de marzo na Praza Maior de Lugo, ás 11:30. Organizouse un acto de difusión da RA! e protesta contra o sistema xenocida que padecemos. Para iso, un grupo dunhas 15 persoas foron disfrazadas de Primeiros Ministros dos países que asistiron ao devandito cumio. Repartiuse o manifesto da RA! e, sobre todo, interactuouse coa xente co fin de facer un acto impactante para os viandantes.
Publicado en GZvideos, anticapitalismocon 1 Comentario →