12
O pasado 13 de novembro a Confraría de Pescadores de Cangas comezou a retirada das súas contas de Caixanova como un xeito de protesta dxs mariñeirxs contra esta entidade, responsábel en parte da desfeita ambiental en Massó, xa que é a accionista maioritaria da empresa Residencial Marina Atlántica, promotora das obras do porto deportivo. Ao día seguinte tivo lugar unha manifestación polas rúas de Vigo contra os recheos na ría.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon 3 Comentarios →
19
Doze pessoas concentravam-se por volta das 07:00 h. desta manhá no peirao canguês de Massó, respondendo ao chamado realizado onte em Vigo polo Foro Social na mobilizaçom da rede ‘Galiza nom se vende’. As obras de aterramento da praia do Salgueirom e da área litoral próxima carecem de licença de obra, de orçamento e, incluso, de data de início e remate oficiais. Contodo, a absoluta precariedade legal do projecto nom é obstáculo para que o instituto armado espanhol defenda a sua continuidade e chegue incluso a deter vizinhos que se oponhem à comissom desta flagrante ilegalidade. Fonte: Ceivar. Mais info em Vieiros.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, represióncon 2 Comentarios →
3
O 25 de maio deron comezo obras de peche e movemento de terras en Massó coa presencia de seis furgóns policiais. O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, está a asumir a responsabilidade de dar protección policial a unhas obras que non contan con licencia municipal e que son obxecto de dous contenciosos administrativos sen resolver e numerosas causas xudiciais en curso. O principio de autonomía municipal está a ser gravemente vulnerado. Estas obras non foron informadas polo Concello de Cangas a través dun Plan de Usos ou Plan Especial e a ordenación urbanística actual da zona é de protección de espazos naturais.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
7
Falamos con Tiago Pérez do Foro Social de Cangas, que nos explicou o proxecto de construcción dun porto deportivo en Massó e a loita que o Foro Social está a manter paralizando as obras a diario. Este proxecto consiste na ampliación do vello peirao roto de Massó até unha lonxitude total de 600 metros e un recheo de 15.000 metros máis, o que terá un impacto ambiental negativo.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →