7
Xavier Costa, um dos marinheiros detidos por luitar pola paralisaçom das obras do porto desportivo em Massó, intervem num acto político do BNG sobre a política pesqueira común na UE, celebrado no Hotel Bienestar em Moanha o dia 9 de janeiro. O marinheiro cangués interpelou às parlamentarixs Ana Miranda, Olaia Fernández e Bieito Lobeira, alí presentes, a respeito do conflito de Massó.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon Nengún comentario →
12
O pasado 13 de novembro a Confraría de Pescadores de Cangas comezou a retirada das súas contas de Caixanova como un xeito de protesta dxs mariñeirxs contra esta entidade, responsábel en parte da desfeita ambiental en Massó, xa que é a accionista maioritaria da empresa Residencial Marina Atlántica, promotora das obras do porto deportivo. Ao día seguinte tivo lugar unha manifestación polas rúas de Vigo contra os recheos na ría.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon 3 Comentarios →
5
A III Edición do Festival Furtivo que tiña previsto celebrarse en Cangas durante a ponte de decembro fica finalmente suspendida. A falta de axudas por parte do concello provocou que a organización deste festival de música alternativa decidise a súa cancelación pola inviabilidade económica do proxecto. Denuncian tamén que a Concellalía de Mocidade de Cangas condicionou a súa colaboración á non aparición de reivindicacións ou pancartas contra o porto deportivo de Massó no festival, algo inaceptábel para os organizadores, que entenden isto como un ataque a liberdade de expresión. Pese a todo mantense a celebración dun concerto para o día 4 de decembro.
Publicado en GZvideos, cultura libre, defensa do territoriocon Nengún comentario →
13
Máis de cinco mil persoas amosaron o pasado 1 de agosto a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.
Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.
De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG). Continúa en Galiza Non Se Vende.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon 2 Comentarios →
10
Video da visita de Adolfo Pérez Esquivel, premio Nobel da Paz em 1980, ao Salgueirón, Cangas do Morrazo, o pasado dia 14 de julho. Também contém imagens da manifestação do 20 de junho contra o porto desportivo projetado por Marina Atlántica e Caixanova na zona.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →