22 Vote up

Manifestación de Pontevedra Antitaurina11.08.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Por volta de 300 persoas participaron na manifestación anti-touradas convocada pola plataforma Pontevedra Antitaurina, á cal se sumaron outras entidades e colectivos co obxectivo de erradicar esa atávica e sanguenta tradición da cidade do Lérez. O desproporcionado desplegue policial rematou coa identificación dos organizadores da marcha e a ameaza dunha multa que podería ascender a 15.000 euros. Mais na web da Plataforma Pontevedra Antitaurina.

Publicado en GZvideos, ecoloxismocon 1 Comentario →

20 Vote up

Pontevedra Antitaurina: Contigo podemos!07.08.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Resumo das últimas actividades da plataforma Pontevedra Antitaurina. Recordade: Mobilización Antitaurina o sábado 9 ás 19h na praza da Peregrina. Contigo podemos!

Publicado en GZvideos, ecoloxismocon Nengún comentario →

22 Vote up

Pontevedra Antitaurina chama á mobilización o día 9 de Agosto22.07.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A Plataforma Pontevedra Antitaurina convoca unha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar as touradas, durante as cais 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados coa complicidade das institucións públicas. Entre as actividades que están a realizar destaca a recollida de sinaturas a pé de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que están tendo moi boa acollida. Está prevista a realización dunhas mini-xornadas antitaurinas para os días previos á mobilización, que publicitaráns meiante o seu blogue. A de Pontevedra é a única praza de touros estábel da Galiza, e desde Pontevedra Antitaurina aseguran que loitarán pola súa desaparición. Para iso precisan da colaboración de tod@s nós, así que vémonos o sábado 9 de Agosto ás 19 horas na praza da Peregrina. NON FALTEDES!!

STOP TOURADAS!!  A TORTURA NON É ARTE NEN CULTURA!!

Publicado en GZvideoscon 1 Comentario →