7
A Plataforma Galega Antitransxénicos e mais a Rede Anticapitalista organizaron o pasado día 17 en Compostela, no marco do Día Internacional da Loita Labrega, a escenificación do enterro da agricultura e unha acción-denúncia nunha área comercial. O vídeo inclúe tamén imaxes da comitiva galega da manifestación estatal contra os transxénicos do día 18 en Zaragoza, á cal se sumou o Sindicato Labrego Galego. Mais info no web da RA.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, ecoloxismocon 2 Comentarios →
5
Na mañá do mércores 18 de Febreiro a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación”. Adxuntamos os audios das intervencións de Serafín González Prieto, científico titular do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e o Doutor en Economía e docente titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xavier Simón Fernández. Tamén un video que recolle a concentración que o 26N/08 realizou a Plataforma Galega Antitransxénicos diante do Parlamento de Galiza.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, ecoloxismocon Nengún comentario →