14
Máis de cinco mil persoas amosaron o pasado 1 de agosto a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.
Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.
De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG). Continúa en Galiza Non Se Vende.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon 2 Comentarios →
8
Vídeos das marchas realizadas polxs veciñxs para protestar contra as obras que o exército español está levando a cabo no monte comunal de Salcedo. Xs veciñxs denunciaron a ilegalidade das obras que se están a acometer, ademais da desfeita ambiental e contra o patrimonio que supoñen. Vai a esta ligazón para ampliar información.
O primeiro vídeo corresponde á marcha realizada o 28 de xuño e o segundo a unha que tivo lugar o 25 de abril deste ano.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon Nengún comentario →
10
Video da visita de Adolfo Pérez Esquivel, premio Nobel da Paz em 1980, ao Salgueirón, Cangas do Morrazo, o pasado dia 14 de julho. Também contém imagens da manifestação do 20 de junho contra o porto desportivo projetado por Marina Atlántica e Caixanova na zona.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
7
A vizinhança de Sam Vicente e Canedo continua com a luita por um acesso ao seus bairros em condiçons de segurança. Mas fai-no também exigindo à empresa que executa a obra o cumprimento de todos os requerimentos legais e nom como vem fazendo até agora. Recordamos que o mes passado a Guardia Civil levou a cabo umha violenta carga contra a vizinhança mobilizada.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civíscon Nengún comentario →
9
O pasado 5 de xuño, foi o Día Mundial do Medio Ambiente, ecoloxistas, veciñ@s e mariñeir@s, ás11:00 hs. participamos nunha concentración diante do Concello de Cangas, logo na sucursal de Caixanova, e arredor das 12:00 acudimos ao Muelle de Oxea, a apoiar dende terra unha concentración de embarcacións contra as obras no Porto de Massó.
(more…)
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon Nengún comentario →