10 Vote up

Especial parados do naval: Reportagem + crónica da jornada solidária25.03.10

 A continuar, apresentamos dous materiais relacionados com o campamento de parados do naval em Vigo. Desde aquí, a nossa solidariedade e apoio a esta luita.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Mais info no web da CIG. 

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A jornada solidária com os desempregados do sector naval de Vigo que permanecem acampados diante do edificio da Xunta foi organizada polos centros sociais A Revolta, Faísca e O Guindastre no 20 de março. Mais info em Galiza Contrainfo.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

7 Vote up

Xornada de folga no naval no día da clase obreira galega (Vigo, 10-03-2010)12.03.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Desde primeira hora da mañá, nos distintos estaleiros comezaban os piquetes a informar da convocatoria de folga no 10 de marzo para o sector, que tivo un seguimento do 80%. A CIG-Metal valora moi positivamente esta xornada, aínda máis se temos en conta toda a campaña mediática da patronal e as centrais sindicais UGT e CCOO en contra desta convocatoria, asi como da abusiva presenza policial, que pretendeu ter un efecto disuasorio no seguimento das mobilizacións, con identificacións e rexistros desde primeira hora da mañá, mais que non impediron que de novo as rúas de Vigo volveran visibilizar a forza dun sector que non baixa a cabeza e que respondeu con voz ben clara ás pretensións de renegociar o convenio ás costas dos traballadores/asr: non imos permitir máis recortes de dereitos e defenderemos o naval. Mais info no web da CIG.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

7 Vote up

Concentración da Asemblea de parados do Naval diante dos estaleiros Freire (Vigo, 05-02-2010)09.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A asemblea de parados do naval repartía a primeira hora da mañá follas informativas aos compañeiros do estaleiro de Freire para dar a coñecer a súa situación e a problemática do sector na cuestión da contratación, facendo un chamamento para que saíran tomar o bocadillo con eles ás 10.30. De novo as portas pecháronse para a asemblea de parados e unha presenza e presión policial desproporcionada impediu que esta asemblea puidera ter lugar. Mais info en Avantar-CIG

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

6 Vote up

Mobilización da Asemblea de Parados do Naval05.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial. Mais info en Avantar-CIG

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

10 Vote up

Folga en solidariedade cos 4 do Metal en Vigo05.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Desde primeira hora da mañá volvían de novo os traballadores do Metal participar dunha nova xornada de folga en solidariedade cos catro traballadores do sector, que ían ser xulgados nesta data pola folga do 2007, para que se cumprira e respetara o convenio. Desde os centros de traballo volvían realizarse marchas, que se xuntaban ás nove da mañá na Praza do Rei, e continuaban en manifestación polas Camelias até os Xulgados. Fronte ao edificio no que tiña lugar este proceso xudicial concentráronse estes folguistas até que rematou pasada a unha da tarde o xuízo.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon Nengún comentario →