12 Vote up

Unha historia de redeiras e grúas18.01.10

“Diferentes voces abordan a influencia dos cambios do espazo urbán e dos procesos especulativos na vida das mulleres do barrio de Monte Alto (A Coruña). Un barrio onde podemos aprender das vellas redes comunitarias texidas polas mulleres para transformar o noso presente.”

Publicado en GZvideoscon Nengún comentario →

9 Vote up

Especial MUFEST (festival de cine feito por mulleres)21.11.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Aquí vai a peza especial que editamos para ser proxectada no MUFEST, o festival de cine feito por mulleres, organizado por Andaina. O vídeo está comprimido en alta calidade, así que as que teñades unha conexión máis lenta teredes que ter paciencia e esperar un rato a que cargue. Tamén podedes descargalo nesta ligazón.

Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →

5 Vote up

Charla e entrevista com Maria Galindo do colectivo feminista boliviano Mujeres Creando05.11.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Falamos com Maria Galindo do colectivo feminista Mujeres Creando de Bolivia, que estivo esta semana na Galiza convidada pola Universidade Invisibel, a Assembleia de Mulheres de Vigo e Nomepisesofreghao, para compartilhar experiências do seu trabalho em América do Sul com as companheiras galegas no Cs A Revolta de Vigo e no Cs Atreu! da Corunha.

Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →

11 Vote up

Manifestación do Día da Muller Traballadora en Compostela10.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, centos de manifestantes acudían ao chamamento da Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, baixo o lema “As mulleres contamos, as mulleres traballamos”. As principais vindicacións xiraron en torno á necesidade de recoñecer o papel da muller e non ceder perante as ameazas empresariais de despedimentos nesta etapa de crise , xunto con demandas históricas, como o direito ao aborto libre e gratuito ou a fin do patriarcado.Mais info no web da Marcha Mundial das Mulleres.

Publicado en GZvideoscon Nengún comentario →

5 Vote up

Entrega dos premios do Día da Muller Traballadora [CIG]10.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e quen se tivo que enfrontar a unha querela criminal presentada pola empresa, acusándoa de falsa testemuña ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada. O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén recibiron unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente. Mais info en Avantar.

Publicado en GZvideos, sindical, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →