6
Desde primeira hora da mañá, nos distintos estaleiros comezaban os piquetes a informar da convocatoria de folga no 10 de marzo para o sector, que tivo un seguimento do 80%. A CIG-Metal valora moi positivamente esta xornada, aínda máis se temos en conta toda a campaña mediática da patronal e as centrais sindicais UGT e CCOO en contra desta convocatoria, asi como da abusiva presenza policial, que pretendeu ter un efecto disuasorio no seguimento das mobilizacións, con identificacións e rexistros desde primeira hora da mañá, mais que non impediron que de novo as rúas de Vigo volveran visibilizar a forza dun sector que non baixa a cabeza e que respondeu con voz ben clara ás pretensións de renegociar o convenio ás costas dos traballadores/asr: non imos permitir máis recortes de dereitos e defenderemos o naval. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
6
O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
6
Desde as nove da mañá os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra da cidade de Vigo e da súa área de influencia estaban chamados a unha convocatoria de folga parcial en solidariedade cos trece traballadores que ían ser xulgados, polas mobilizacións polo convenio no mes de maio do 2006, convocada en solitario pola CIG. Máis info na web da CIG.
Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon Nengún comentario →
8
Desde a CIG apresentan unha curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.
A mobilización saía o luns pouco despois das nove e media da mañá e remataba ás dúas da tarde fronte a San Caetano este martes 30 de xuño, na vixésima xornada de folga para este sector. Esgotados polo esforzo maratoniano destes dous dias, mais “imbatíbeis”, e traspasando fronteiras, para que ninguen poda tentar invisibilizar esta loita exemplar, os do Metal ateigaron Compostela de dignidade e de forza, de traballadores e traballadoras que non se renden. Mais info. en Avantar
Publicado en GZvideos, sindicalcon 1 Comentario →
13
Novo éxito da folga xeral do sector do Metal, que colapsou todos os accesos á factoria de Citroen a mediodia, onde houbo cargas policiais.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →