10
Achegamos o vídeo realizado pola plataforma en defensa da língua “Queremos Galego” sobre a multitudinária manifestaçom que tivo lugar em Compostela no 17 de maio, provavelmente umha das maiores na história do nosso país.
Publicado en GZvideos, línguacon 1 Comentario →
12
Por volta de 400 pessoas assistirom esta segunda 15 de março à concentraçom de urgência que a plataforma “Queremos Galego” convocou em Vigo para demandar a supresom do decreto contra a língua. A entidade organizou também actos de protesto nas principais cidades e vilas do país.
Publicado en GZvideos, línguacon Nengún comentario →
75
30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.
Publicado en GZvideos, línguacon Nengún comentario →
11
Publicamos o vídeo realizado por Queremos Galego que recolhe a histórica manifestaçom que no 21 de Janeiro reuniu dezenas de miles de galegos e galegas para reclamar do governo de Feijóo a retirada do rascunho do “Decreto de Plurilingüismo”, que por primeira vez servirá para restar espaço no ensino ao idioma nacional. Mais info no web de Queremos Galego.
Publicado en GZvideos, línguacon Nengún comentario →
9
Apresentamos o trailer da série “En Vigo Fálase”, um material realizado pola recentemente posta em marcha “Eufalo.tv”, um web que tem como base difundir experiências individuais relacionadas com a língua galega, assi como difundir os espaços de uso que tem a dia de hoje. Mais info em Eufalo.tv.
Publicado en GZvideos, línguacon Nengún comentario →