8 Vote up

Especial GzVídeos 200930.10.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicamos un vídeo especial de vinte minutos cunha escolma de imaxes como resumo do traballo realizado polo colectivo durante este ano. O especial recolle así o movemento pola defensa da lingua, a mobilización da rede Galiza Non Se Vende, a resistencia popular en Cangas contra o porto deportivo, a liberación dos presos independentistas Santi e José  e finalmente a loita dxs traballadorxs do Metal en Vigo.

Esta peza será proxectada o próximo sábado 31 de outubro nas Xornadas Antifascistas de Madrid e tamén en Galiza ese mesmo día pola tarde nas II Xornadas pola Cultura Livre en Vigo, na Praza da Vila (Casco Vello) a partir das seis e media, xunto co vídeo A cultura preokupa (2008) de Olholivre e máis actividades. Aquí o cartaz: Cultura Livre na Rúa!

Publicado en GZvideos, cultura librecon 2 Comentarios →

4 Vote up

Gzvideos participará nas Xornadas Antifascistas 2009: Madrid Anticapitalista, Antifascista, Antirracista29.10.09

O sábado 31 de outubro Gzvideos participará nun videoforum das Xornadas Antifascistas (organizadas pola  Coordenadora Antifascista de Madrid) baixo o título “Criminalización dos movementos sociais. Contrainformación audiovisual” no que se proxectará o documentario de La Plataforma “Alarma social, como se crea? (que podedes ver aquí). Nós desde Galiza levaremos un resumo do noso traballo do último ano, unha escolma de vinte minutos, que tamén colgaremos na nosa web en breve, para compartillar con todas e todos vós.

A cita é no CSO La Traba. R/ Batalla de Belchite, 17. Metro Legazpi, ás 19.30 da tarde.

Agradecemos o convite ás compas de La Plataforma, colectivo de contrainformación audiovisual do que xa temos recollida na nosa web na sección internacional numerosas pezas. Agardamos que esta viaxe á capital do Pequeno Imperio sexa un momento de encontro e difusión das nosas loitas e das cousas que aquí acontecen, asi como para coñecermos ese Madrid que resiste, e que será a tumba do fascismo, tarde ou cedo.

Prometemos transmitir a través do noso blogue unha crónica desta viaxe, na próxima semana.

Apaga a tele e prende a túa mente!

Publicado en Bloguecon Nengún comentario →

13 Vote up

Absolta a reporteira de gzvideos acusada en falso pola policía28.10.09

Desde GzVideos queremos expresar a nosa satisfacción pola absolución dunha das nosas reporteiras, acusada en falso pola policía española por supostamente ter berrado consignas tais como “policía asasina” (sic) ou “eta mátalos” (sic) durante unha concentración en Compostela. Tales acusacións non só constituian un auténtico engano e unha rotunda falsidade, se non que pretendían servir de coartada para a represión da liberdade de expresión e información ao noso medio informativo.

A sentenza absolutoria considera probada a asistencia da nosa compañeira ao acto na súa condición de xornalista, algo que foi demostrado durante o xuízo con numerosas probas, como os propios materiais gráficos ou a acreditación profesional. Así mesmo, recolle que a absolución se produce debido á “non comparecencia do superior do axente que levou a cabo a identificación”, un circunloquio co que o xuíz Míguez Poza tentou agochar o atropelo e numerosas irregularidades cometidas polos axentes no seu intento por reprimir à reporteira, non dubidando en denunciala en falso co obxectivo de impedir o seu labor profesional.

Temos que recordar que, durante a comparecencia no xuízo do axente que naquela altura a identificara, o polícia incorreu en numerosas contradicións e negou que a nosa compañeira se tivera identificado como xornalista. De feito, comezou por afirmar que simplesmente acudira a identificar a persoa que berrara as supostas consignas, para logo rectificar, dicindo que en realidade a iniciativa partira dun superior, mais que ainda así podía sinalar à nosa compañeira como a causante, sen dúbidas. É de sinalar que , ademais, se negou a “entender el gallego”.

(more…)

Publicado en Blogue, GZvideos, gz-videos, represióncon 1 Comentario →

17 Vote up

Gzvideos denuncia a persecución policial dos nosos reporteiros/as mediante denuncias falsas [EDITORIAL]16.09.09

O xoves terá lugar unha concentración de apoio ás 9.45 da mañá no Xulgado de Fontiñas e pola defensa da liberdade de expresión antes do xuízo de faltas que terá lugar contra unha fotógrafa que ademais gravou a cadea humana de Ceivar pola liberdade dos presos políticos o 24 de xullo de 2008 .

A denuncia policial acusa falsamente á xornalista de berrar neste acto “policia asesina”, “torturadores” e “ETA mátalos”(sic), tentando reprimir a liberdade de información.

A primeira sanción administrativa chegou para Gzvideos no mes de xuño deste ano. Acusábase a un dos nosos reporteiros de portar a faixa de cabeceira dunha manifestación de ensino medio na defensa do galego, de corear lemas e de ser un dos principais organizadores e dirixentes do estudantado que se mobilizaba no mes de maio na defensa do ensino en galego convocados polo Foro da Mocidade de Vigo, ao tempo que se recoñecía na denuncia que “portaba cámara”, coa que estaba a filmar o evento. Asi, impúñase unha sanción de 500 euros por organizar supostamente unha manifestación ilegal,  que nestes momentos está aínda nos trámites de recurso.
Pouco despois, unha unidade de “delictos tecnolóxicos” da Guardia Civil española retiña outro reporteiro logo de saír da súa propria casa e levávao ao cuartel de Pontevedra para declarar supostamente sobre un vídeo de debuxos animados alleo á produción do GzVídeos, interrogando ao activista sobre o equipo editorial, funcionamento do portal e toda unha serie de cuestións que demostraban que se tratou dunha coartada para recoller información e atemorizar ao compañeiro.
O martes 15 de setembro, a través do telefone, informaban a outra das nosas compañeiras de que se vai celebrar este xoves 17 de setembro ás 10.10 da mañá un xuízo de faltas na Sala de Vistas nº 2 do Xulgado de Compostela por unha denuncia da Policia sobre uns feitos que supostamente aconteceran no 24 de Xullo de 2008.
A denuncia policial recolle que a nosa compañeira fora identificada na Praza de Galiza ás 20 da tarde , “lugar donde se concentraron diversos colectivos independentistas. Recóllese que “la reseñada durante el transcurso de la concentración profiere gritos tales como “policia asesina”, “ETA matalos”, “Torturadores”", algo completamente falso e fora da realidade.
De feito, a nosa compañeira nesta data lembra que fora identificada na Praza de Galiza mentres estaba a realizar fotografias e videos, diante da pregunta dun antidisturbios de se “era da prensa”, polo que procedeu a ensinarlle a credencial de fotógrafa do Novas da Galiza, medio co que tamén colabora e no que publicou as fotografías realizadas nesta data.

(more…)

Publicado en Blogue, GZvideos, gz-videos, represióncon 1 Comentario →

7 Vote up

Apresentación longa GzVideos17.05.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
(more…)

Publicado en Contra-publicidade, Kinokicon Nengún comentario →