22
A jornada da Festa do Dezassete começou com um acto reivindicativo polas ruas de Compostela baixo o lema “A RAG é umha fraude, por um dia das letras popular”. Depois continuou na Alameda com umha sessom vermú e logo o jantar popular. Já pola tarde realizarom-se diversas actividades lúdicas, jogos populares, aberto de bilharda e também actos culturais como o obradoiro de baile, pandeireta e mostras de banda desenhada. Chegada a noite celebrarom-se os concertos que completarom a jornada, e que engadiremos proximamente. No vídeo poderedes ver umha entrevista com Paulo Rico explicando o processo de solidariedade experimentado polo centro social A Gentalha do Pichel depois da denúncia de Conda Roa (PP).
Já estam disponíveis os vídeos do concerto:
Magnifique Band dos Homens sem Medo e Quempalhou
The Royalties e Projecto Mourente
Publicado en GZvideos, centros sociais, línguacon 1 Comentario →
6
Acto celebrado polo colectivo feminista Andaina en recoñecemento e apoio á sindicalista labrega Lidia Senra no C.S. Gentalha do Pichel.
Publicado en GZvideos, centros sociais, sindical, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →
14
A revista ANDAINA celebrou o sábado (28.03.09) un encontro charla/cea de agasallo, recoñecemento e cariño a LIDIA SENRA polo seu traballo ao longo dos anos: de loita polos dereitos das mulleres labregas, a defensa da terra e da soberanía alimentar, asi como o seu liderato exemplar á frente do Sindicato Labrego Galego (SLG) e como dirixente do mesmo e para amosar o apoio á continuidade do seu labor.
(more…)
Publicado en GZvideos, centros sociais, sindicalcon Nengún comentario →
23
Disponibilizamos o documentario “4 anos de Gentalha”, realizado no pasado ano 2008. Esta peza audiovisual é unha boa mostra do imenso traballo que este Centro Social leva a facer desde hai xa cinco anos en Compostela, na defensa do idioma e da cultura galega, e dando acollida a centos de concertos, proxeccións de filmes, palestras, e constituindo un importante referente cultural e unha ferramenta indispensábel para a construción do pensamento crítico nesta cidade. Fronte á criminalización deste centro social polo concelleiro do PP Conde Roa, que reclamou o peche da Gentalha do Pichel en declaracións aos medios despois da manifestación galegófoba do 8 de febreiro convocada por Galicia Bilingüe, desde Gzvideos queremos amosar a nosa solidariedade e apoio para con este proxecto, e darmos difusión a este documentario, como mellor mostra posíbel de rebater e visibilizar o traballo público deste centro social, de sobra coñecido pola cidadania de Compostela.
Publicado en GZvideos, centros sociais, línguacon Nengún comentario →