6
21-11-09 Vídeo da homenaxe ás vítimas do franquismo enmarcada dentro das VIII Xornadas Libertarias organizadas pola Unión Libertaria. O acto tivo lugar no ceminterio de Canido, coa participación dxs poetas Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez e Alfonso Rodríguez, o músico Víctor Agulló e intervencións da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiacon Nengún comentario →
6
O pasado 24 de Outubro a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 levou a cabo un acto no ceminterio de Pereiró para lembrar e homenaxear ás 740 mulleres e homes vítimas da represión fascista que están alí soterradas. A asociación quería poñer unha placa conmemorativa na entrada ao ceminterio, mais a súa colocación foi prohibida polo concello de Vigo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiacon Nengún comentario →
5
19 de Abril do 2009 - Co gallo das actividades arredor do día da República 2009, a CRMH organizou un novo roteiro, contra a simboloxía franquista na cidade da Coruña. Beatriz Amigo inmortalizou coa súa cámara o evento. A CRMH e Bulideiro de edicións amósanvos o video resultante dese traballo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiacon Nengún comentario →
11
Quando se cumprem 33 anos da morte de Franco e 72 da execuçom do fundador da Falange espanhola, militantes antifascistas tingiam de cor-de-rosa o escudo franquista e o jugo e as flechas que a dia de hoje ainda adornam a fachada institucional.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiacon Nengún comentario →
27
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou o pasado sábado 5 de Xullo un “Roteiro da vergoña” que vindicou a eliminación do rueiro da cidade de calquera referencia ou símbolo franquista que aínda perdure (e son moitos os casos, como a rúa General Sanjurjo, División Azul, Alférez Provisional, o hospital Juan Canalejo… mentres que o edificio do concello conserva intactas as vidreiras co escudo franquista e considera aínda como fillo predilecto ao dictador). Varios ilusionistas, entre os que se atopaba o mago Antón, acompañaron a marcha, e incluso conseguiron que a estatua de Millán Astray (fundador da Legión española) desaparera misteriosamente. Iso e moito mais no video que editamos.
Publicado en GZvideos, historiacon 1 Comentario →