4
Con motivo do día internacional contra a violencia machista, a Marcha Mundial das Mulleres convocou actos en varias cidades do país. Estas son as imaxes do que tivo lugar en Vigo.
Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →
9
Aquí vai a peza especial que editamos para ser proxectada no MUFEST, o festival de cine feito por mulleres, organizado por Andaina. O vídeo está comprimido en alta calidade, así que as que teñades unha conexión máis lenta teredes que ter paciencia e esperar un rato a que cargue. Tamén podedes descargalo nesta ligazón.
Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →
5
Falamos com Maria Galindo do colectivo feminista Mujeres Creando de Bolivia, que estivo esta semana na Galiza convidada pola Universidade Invisibel, a Assembleia de Mulheres de Vigo e Nomepisesofreghao, para compartilhar experiências do seu trabalho em América do Sul com as companheiras galegas no Cs A Revolta de Vigo e no Cs Atreu! da Corunha.
Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →
12
O passado 8 de Março, Dia Internacional das Mulheres, a Marcha Mundial das Mulheres na Galiza mobilizou-se em diferentes cidades da nossa geografia baixo o lema “As Mulheres Trabalhamos, As Mulheres Contamos: Nom solucionaredes a crise a costa dos nossos direitos”. Neste vídeo recolhemos a manifestaçom que percorreu as ruas de Vigo, e também umha acçom da Assembleia de Mulheres de Vigo no Monumento ao Trabalho. Frente à representaçom simbólica exclusivamente em masculino que se faz do trabalho nesta escultura, a Assembleia de Mulheres voltava a recordar a mulheres galegas esquecidas e invisibilizadas pola história, e das que nem existem estátuas, nem ruas. Por isso apostam polo trabalho ativo e nas ruas, por um feminismo independente, que trabalhe cada dia para luitar por um presente diferente no que as mulheres re-escrevam o seu passado e desenhem juntas um futuro bem diferente, sem discriminaçons.
Música: Luisa mandou um beijo e Disforme
Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadescon Nengún comentario →
11
O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, centos de manifestantes acudían ao chamamento da Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, baixo o lema “As mulleres contamos, as mulleres traballamos”. As principais vindicacións xiraron en torno á necesidade de recoñecer o papel da muller e non ceder perante as ameazas empresariais de despedimentos nesta etapa de crise , xunto con demandas históricas, como o direito ao aborto libre e gratuito ou a fin do patriarcado.Mais info no web da Marcha Mundial das Mulleres.
Publicado en GZvideoscon Nengún comentario →