16-01-2010 “A enésima actuaçom repressiva contra a histórica casa okupa compostelana, cujas instalaçons fôrom tapiadas após o despejo dos okupantes no passado dia 29 de Dezembro, provocou ontem umha resposta mobilizadora de quase umha centena de vizinhos e vizinhas de Compostela.” Kaos Galiza.
“Diferentes voces abordan a influencia dos cambios do espazo urbán e dos procesos especulativos na vida das mulleres do barrio de Monte Alto (A Coruña). Un barrio onde podemos aprender das vellas redes comunitarias texidas polas mulleres para transformar o noso presente.”
Trailer do documentário Calle del Acuerdo 8, que reflicte a opiniom da vizinhança sobre o CSO El Patio Maravillas do bairro de Malasaña em Madrid, recentemente desalojado.
Este passado 26 de dezembro umha manifestaçom em apoio ao CSO A Casa das Atochas percorreu as ruas do centro da Corunha ante a ameaça de desalojo à que se enfrenta este centro social okupado, que leva funcionando desde o 14 de março de 2008 no bairro de Monte Alto.
Fai clique abaixo para ver outro vídeo da mani editado pola Unión Libertaria.
A III Edición do Festival Furtivo que tiña previsto celebrarse en Cangas durante a ponte de decembro fica finalmente suspendida. A falta de axudas por parte do concello provocou que a organización deste festival de música alternativa decidise a súa cancelación pola inviabilidade económica do proxecto. Denuncian tamén que a Concellalía de Mocidade de Cangas condicionou a súa colaboración á non aparición de reivindicacións ou pancartas contra o porto deportivo de Massó no festival, algo inaceptábel para os organizadores, que entenden isto como un ataque a liberdade de expresión. Pese a todo mantense a celebración dun concerto para o día 4 de decembro.