Especial GzVídeos 2009 • 30.10.09
Publicamos un vídeo especial de vinte minutos cunha escolma de imaxes como resumo do traballo realizado polo colectivo durante este ano. O especial recolle así o movemento pola defensa da lingua, a mobilización da rede Galiza Non Se Vende, a resistencia popular en Cangas contra o porto deportivo, a liberación dos presos independentistas Santi e José e finalmente a loita dxs traballadorxs do Metal en Vigo.
Esta peza será proxectada o próximo sábado 31 de outubro nas Xornadas Antifascistas de Madrid e tamén en Galiza ese mesmo día pola tarde nas II Xornadas pola Cultura Livre en Vigo, na Praza da Vila (Casco Vello) a partir das seis e media, xunto co vídeo A cultura preokupa (2008) de Olholivre e máis actividades. Aquí o cartaz: Cultura Livre na Rúa!









































