9
O pasado 14 de Xuño milleiros de persoas integraban un mais a clásica marcha contra ENCE organizada pola Apdr (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), desta vez denunciando as autorizacións ambientais que a Xunta de Galiza acaba de conceder ao complexo contaminante. Este video chega vía ADEGA.info. A seguir reproducimos o comunidado da Apdr que convocou esta marcha:
(more…)
Publicado en GZvideos, defesa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
10
Traballadores e traballadoras do mar foron as principais protagonistas na marcha que percorreu a cidade da Coruña o sábado 21 de xuño, desde a Praza da Palloza e até a delegación do Goberno, para reclamar das administracións locais e autonómicas que poñan fin aos verquidos que se producen nesta ría, e que son tanto un problema de saúde como un problema laboral para centos de persoas nesta comarca. A manifestación, convocada pola Plataforma en defensa da ría do Burgo, anunciou xa nesta convocatoria unha próxima mobilización para o 20 de setembro. Esta peza audiovisual contén un resumo da marcha, asi como unha entrevista cun traballador do mar afectado que explica cal é a situación na que se encontra o conflito.
Publicado en GZvideos, defesa do territoriocon Nengún comentario →
2
5 de xuño de 2007: día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalitismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esixen responsabilidades por esta desfeita. [mais info]
No seu día, Adega denunciara o perigo que corría o círculo lítica da Mourela e propuxera unha alternativa:
Publicado en GZvideos, defesa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
9
No interior, galería de diapositivas SOS Ría de Vigo
(more…)
Publicado en GZvideos, defesa do territoriocon 3 Comentarios →