3
13-12-09 “Os veciños da Ponte non están en contra da instalación dunha depuradora xa que o saneamento é necesario, o que si non están dispostos é a que se implante preto das súas casas e nun entorno paisaxístico dos poucos que se poden ver na zona (o río Maior, muíños centenarios, unha pequena carballeira que acubilla toda clase de paxaros e preto da praia do Dique). Pensan que o tema do saneamento de Baroña é Queiruga debe de ser levado a outra zona menos danosa e perigosa para o ben de todos eles.” E aquí outro vídeo que amosa a zona onde a Xunta quere instalar a depuradora.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon Nengún comentario →
23
Presentamos unha reportaxe de máis de vinte minutos con numerosas entrevistas a acrivistas, viciñas, mariñeiros de Cangas, na xornada do 21 de xullo, o dia despois de que 16 persoas foran detidas diante das obras ilegais do porto deportivo de Massó, cando estaban a realizar unha sentada para evitar que entraran novas máquinas e camións que pretenden continuar co recheo e coa destrución nesta zona. Tamén achegamos galería fotográfica deste dia nesta ligazón.
Comeza a peza desde primeira hora da mañá cando tivo lugar unha concentración que reclamaba diante do concello a posta en liberdade de seis das 16 detidas, que pasaron a noite nos calabouzos.
A chegada da alcaldesa do concello, do BNG, Clara Millán, sorrindo diante das e dos concentrados, que aínda que detiveron a unha concelleira do seu propio goberno non foi quen nin de condenar a represión violenta nin de amosar solidariedade, foi o primeiro momento de tensión da xornada, pola desbordante mostra de cinismo e indiferenza amosada pola máxima responsábel da administración local desta vila.
(more…)
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, dereitos hum./civís, represióncon 1 Comentario →