18
O pasado 8 de agosto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) levou a cabo un acto festivo e reivindicativo nos exteriores do Pazo de Meirás para reclamar a devolución deste ao pobo galego. Mentres dentro estábase a celebrar a voda oficial da familia Franco a CRMH ofrecía unha voda alternativa á que acudiu o mismísimo Caudillo, resucitado para a ocasión. A esta peculiar ceremonia acudiron máis de 400 persoas e tamén suscitou o interese da prensa “rosa” e dos medios de comunicación empresariais. Máis info na páxina da CRMH e neste blogue.
Publicado en GZvideos, historiacon Nengún comentario →
27
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou o pasado sábado 5 de Xullo un “Roteiro da vergoña” que vindicou a eliminación do rueiro da cidade de calquera referencia ou símbolo franquista que aínda perdure (e son moitos os casos, como a rúa General Sanjurjo, División Azul, Alférez Provisional, o hospital Juan Canalejo… mentres que o edificio do concello conserva intactas as vidreiras co escudo franquista e considera aínda como fillo predilecto ao dictador). Varios ilusionistas, entre os que se atopaba o mago Antón, acompañaron a marcha, e incluso conseguiron que a estatua de Millán Astray (fundador da Legión española) desaparera misteriosamente. Iso e moito mais no video que editamos.
Publicado en GZvideos, historiacon 1 Comentario →