7
Video confeccionado para este 1º de maio onde economistas e membros da CIG analizan as causas, repercusións e posíbeis solucións á crise económica actual. Conta coas intervencións de Xabier Vence , María do Carmo García Negro, Xesús Seixo e Antolín Alcántara, entre outros. Este material foi proxectado nas asembleas previas ao 1º de maio que a CIG realizou por todo o país.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
1
A manhã do 16 de dezembro de 2009 um grupo de pessoas e colectivos, entre eles a Assembleia de Paradxs, entrou à Bolsa de Barcelona para denunciar a situaçom na que já se encontram 4 milhons (cara 5) de paradxs em todo o Estado, para denunciar que nom pode ser que o subsídio, a falta de trabalho e de cobrar o desemprego, seja de 400 miseráveis euros, e que xs de sempre seguimos pagando esta crise…
Publicado en Internacional, anticapitalismocon Nengún comentario →
6
A Confederación Intersindical Galega mobilizou nas manifestacións convocadas nas sete cidades, na Mariña e en Ribeira a máis de 20.000 traballadores e traballadoras que baixo o lema “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” se sumaron ás reivindicacións realizadas pola central, fronte á continuidade da aposta polo modelo neoliberal feita polos goberno e a patronal e a prol dun modelo económico e social máis xusto e solidario. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 12.000 persoas.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
7
Concentración da Central Unitaria de Traballadores en Vigo o 1º de abril. Esta concentración forma parte dunha campaña xeral convocada pola Federación Sindical Mundial en varias cidades de todo o Mundo, contra a crise do capital. A CUT escolleu para esta data o cruce de Colón, onde se atopan varias das oficinas bancarias de Vigo.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, sindicalcon Nengún comentario →
81
Ás once da mañá máis de 300 delegados e delegadas do sector da automoción das Federacións do Metal, Químicas e Téxtil saian en manifestación polas rúas de Vigo, para mobilizarse na defensa do emprego no sector. Asi, encamiñaban a súa marcha até o cruce de Colón, onde se encontran catro das principais sedes bancarias da cidade, fronte ás que se concentraron durante case unha hora, para denunciar “a responsabilidade que ten a banca nesta crise, que ademais foi das primeiras beneficiadas das axudas da Administración, con 30.000 millóns de euros, que agora non quere utilizar para revitalizar a economia do país”. Neste cruce soltaron 450 globos, que simbolizan os máis de 4.500 empregos eventuais que se perderon no sector do automóbil desde o mes de setembro do pasado ano. Mais info en Avantar.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →