25 Vote up

Concentración na defensa da Sala Nasa e pola liberdade de expresión28.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O pasado venres 27 unha concentración en apoio á Sala Nasa ante os continuos ataques do PP santiagués lograba reunir varios centos de persoas a prol da liberdade de expresión e na defensa das actividades que nela se desenvolven. Os apoiantes realizaron unha perfomance na praza do Obradoiro parodiando a iconografía da “loita armada”, ridiculizando así as teses do grupo municipal do PP, que leva varios meses tantando criminzalizala. Mais info. no web da NASA.

Publicado en GZvideos, convocatorias, cultura libre, dereitos hum./civíscon 1 Comentario →

23 Vote up

Documentario dos primeiros 4 anos da actividade da Gentalha11.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Disponibilizamos o documentario “4 anos de Gentalha”, realizado no pasado ano 2008. Esta peza audiovisual é unha boa mostra do imenso traballo que este Centro Social leva a facer desde hai xa cinco anos en Compostela, na defensa do idioma e da cultura galega, e dando acollida a centos de concertos, proxeccións de filmes, palestras, e constituindo un importante referente cultural e unha ferramenta indispensábel para a construción do pensamento crítico nesta cidade. Fronte á criminalización deste centro social polo concelleiro do PP Conde Roa, que reclamou o peche da Gentalha do Pichel en declaracións aos medios despois da manifestación galegófoba do 8 de febreiro convocada por Galicia Bilingüe, desde Gzvideos queremos amosar a nosa solidariedade e apoio para con este proxecto, e darmos difusión a este documentario, como mellor mostra posíbel de rebater e visibilizar o traballo público deste centro social, de sobra coñecido pola cidadania de Compostela.

Publicado en GZvideos, centros sociais, línguacon Nengún comentario →

7 Vote up

Xornada de loita dos traballadores do Metal en solidariedade cos 4 compañeiros encausados08.11.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon Nengún comentario →