15 Vote up

17ª Xornada de Folga no Metal30.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Novo éxito da folga xeral do sector do Metal, que colapsou todos os accesos á factoria de Citroen a mediodia, onde houbo cargas policiais.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

22 Vote up

Nova xornada de loita do metal (Vigo)03.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Nova xornada de folga do Metal na provincia de Pontevedra, que continúa como unha folga consolidada e que segue a mobilizar a milleiros de traballadores e traballadoras nas rúas. Neste dia anunciouse a convocatoria de tres xornadas máis de folga para a próxima semana, mércores, xoves e venres, convocando no último dia desa semana a todo o sector do Metal, mesmo aquelas empresas que contan con convenio propio como Citroen. Tamén este mércores volveron actuar dun xeito desproporcionado e violento as forzas antidisturbios, que fixeron a súa aparición na Praza de América, a toda velocidade, e que desde aí comezaron cargas indiscriminadas, que rematarían fronte ao estaleiro de Barreras, onde de novo os folguistas resistiron ao lanzamento masivo de pelotas de goma e botes de fume. E o xoves terá lugar a segunda xornada da folga do Metal desta semana. Máis na web da CIG.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon 4 Comentarios →

12 Vote up

O naval sae á rúa logo da represión policial ao metal (Vigo)25.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Traballadores do naval da cidade de Vigo secundaban media xornada de folga e saían ás rúas en manifestación como resposta á represión policial durante a cuarta xornada da folga no sector do metal. Logo de se reuniren en asemblea nos diferentes centros de traballo, mais de 5000 traballadores demostraban publicamente a unidade no sector e a repulsa á violencia policial e patronal, á que responsabilizan das cargas. Máis.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon Nengún comentario →

20 Vote up

Cuarta xornada de folga do metal (Vigo)21.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O 21 de maio tivo lugar a cuarta xornada de folga do metal, no que desta volta o obxectivo era cortar en oito puntos distintos os accesos de Vigo, mesmo bloqueando a peaxe de Pontevedra en Vilaboa. Unha nova demostración de forza e organización dos traballadores do Metal fixo realidade este obxectivo. A Policia acosou desde primeira hora aos folguistas, e despois das once da mañá cargaban en Guixar e tamén contra un grupo de Barreras na zona de Coia. Os traballadores reagrupáronse nas zonas dos estaleiros, en Barreras e Vulcano, e volveron dar unha boa mostra de organización, valentía e forza dun sector que está disposto a dar esta batalla por un convenio xusto. Máis info na páxina da CIG. Música do vídeo: Skacha, Xolda! e Labazada.

Tamén está dispoñíbel o vídeo da CIG desta xornada de loita

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon Nengún comentario →

5 Vote up

Primeiras xornadas da folga do metal polo convenio provincial (Vigo)15.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O 7 de maio arrincaba unha nova xornada de folga para o sector do Metal na provincia de Pontevedra. Desde primeira hora da mañá xuntáronse os piquetes nas distintas zonas, para as dez da mañá achegarse até o Recinto Feiral de Vigo, Ifevi, onde ocuparon o Salón de Automóbil, que estes dias está neste espazo, pechando as portas do recinto “porque hoxe o salón do Automóbil é para os traballadores do Metal e para ninguén máis”. Mentres en Pontevedra, o grupo de piquetes de Marín ocupaba a sede dos empresarios desta comarca, asi como se pechaban no Hotel no que se celebraban unhas Xornadas sobre a Lei Concursal.

A imaxe pertence ao paro do naval do pasado 13 de maio, no que se denunciaron as contratacións irregulares que afectan en maior medida ao colectivo de migrantes.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →