3 Vote up

Mobilización da veciñanza contra a depuradora da Ponte, en Queiruga (Porto do Son)16.12.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

13-12-09 “Os veciños da Ponte non están en contra da instalación dunha depuradora xa que o saneamento é necesario, o que si non están dispostos é a que se implante preto das súas casas e nun entorno paisaxístico dos poucos que se poden ver na zona (o río Maior, muíños centenarios, unha pequena carballeira que acubilla toda clase de paxaros e preto da praia do Dique). Pensan que o tema do saneamento de Baroña é Queiruga debe de ser levado a outra zona menos danosa e perigosa para o ben de todos eles.” E aquí outro vídeo que amosa a zona onde a Xunta quere instalar a depuradora.

Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon Nengún comentario →

8 Vote up

Manifestación d’ARNSV contra a macrodepuradora02.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saude, que proveñen das industrias. Na cidade mais industrializada do país, as aguas industriais da maioria das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada dia, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ria nom se podan comercializar por ser nocivos para a saúde.Ler máis.

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →

5 Vote up

Vídeo denuncia: Balsas contaminantes e ilegais de Ipisa13.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Imaxes da louseira de Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas  que supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás augas residuais sen depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Nos próximos dias a CIG de Valdeorras entregará estas gravacións nunha denuncia á Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a acontecer en Ipisa.

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismo, sindicalcon Nengún comentario →