3 Vote up

Primeira xornada de folga do comercio de alimentación28.11.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

27-11-09 “A primeira xornada de folga no sector do comercio da alimentación rexistrou un amplo seguimento tanto na provincia de Pontevedra como na de A Coruña, xa que o 100% do persoal de almacéns secundou o paro, mentres que nas tendas o seguimento foi do 90%, especialmente pola forte represión e medidas de coaccións levadas a cabo nos últimos días polas empresas do Grupo Gadisa.” Máis na web da CIG. Esta reportaxe recolle a mobilización das traballadoras na cidade de Vigo, onde os piquetes foron perseguidos en todo momento por un dispositivo de mercenarios que protexeron os intereses dos empresarios.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

5 Vote up

Manifestación na Coruña a prol do convenio provincial do comercio vario26.04.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A manifestación, convocada polas organizacións sindicais con representación na mesa de negociación, CIG, UGT e CCOO, comezou ás 12:00 na Praza de Pontevedra. O motivo da mobilización é exixir á patronal que asine o preacordo acadado en decembro pasado para o novo convenio sectorial e que agora se nega a ratificar.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

11 Vote up

Folga do Comercio en Ferrol02.12.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Vídeo da CIG da folga provincial do Comercio vario do 28 de novembro.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

11 Vote up

Éxito da folga do Comercio na Coruña apesar do boicote policial01.12.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O persoal do Comercio vario da provincia da Coruña deu unha nova lección de mobilización obreira na segunda xornada de folga no sector, desenvolvida exitosamente o 28 de novembro. O paro foi secundado por case o 90% dos traballadores, que novamente saíron en masa ás rúas para unírense aos piquetes que durante todo o día percorreron A Coruña, Compostela e Ferrol. Le mais a cerca das mobilizacións e das agresións que sofriron os traballadores na web da CIG-Avantar. 

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →