9 Vote up

Mobilizacións do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega13.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

“En defensa do emprego e as prestación sociais” foi o lema baixo o que a CIG desenvolveu este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. Traballadores e traballadoras de todo o país, delegados e delegadas, participaron nas asembleas, concentracións e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo. Desta volta as reivindicacións céntranse en dous dos temas que máis preocupan á clase traballadora neste momento: a caída do emprego e a garantía das prestacións sociais. As cidades de Vigo e Ferrol foron as cidades que acolleron as dúas mobilizacións nacionais nesta data, e que xuntaron a 4.000 traballadores conxuntamente. Mais info en Avantar.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

31 Vote up

Manifestación do metal contra a represión e pola libre absolución dos 407.11.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Foron máis de 7.000 os traballadores do sector do Metal que o 6 de novembro percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea pola folga do 2007 polo cumprimento do Convenio. Paro xeralizado e marchas moi numerosas visibilizaron o apoio do sector a estes catro compañeiros, e a loita que están dispostos a dar contra a represión sindical. Unha xornada de desafío a do 6 de novembro que demostra que o Metal non vai permitir ningún tipo de recorte de dereitos. Mais info en Avantar.

Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, represión, sindicalcon Nengún comentario →

12 Vote up

Mobilización na defensa do emprego na automoción en Vigo05.11.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Máis de 2.000 persoas percorreron o centro de Vigo, desde Via Norte até a Praza da Estrela, para demandar solucións para a automoción, asi como a defensa do emprego neste sector. Representantes sindicais das principais empresas do metal, químicas, téxtil e transporte da CIG estiveron presentes nesta mobilización.Esta mobilización pretendía tamén sensibilizar á cidadanía sobre a situación de crise que existe no sector. As consignas máis repetidas foron aquelas que facían mención ao rexeitamento dos ERE, aquelas que puñan de manifesto a necesidade da mobilización e da presenza da CIG nas rúas, asi como foron continuas as críticas á crise social, e á necesidade de que pague o capital esta situación e non os traballadores e traballadoras. Mais info en avantar.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

8 Vote up

Día da Clase Obreira en Ferrol10.03.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →

8 Vote up

Manifestación do 10 de Marzo no Ferrol10.03.08

Publicado en GZvideos, autodeterminación, sindicalcon Nengún comentario →