3
O sábado 28 de novembro tivo lugar no Salón de Actos da Faculdade de Económicas desde as dez menos cuarto e até as catro da tarde o V Congreso Comarcal da CIG de Vigo. Neste congreso avaliouse o traballo realizado pola comarca de Vigo nos últimos catro anos a través do Informe da Executiva, que foi aprobado. Ademais escolléronse o novo secretario comarcal, a nova executiva comarcal e os 19 representantes da comarca de Vigo no Consello Confederal. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideoscon Nengún comentario →
5
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, CIG, CCOO, UGT e STEG levaron a cabo unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do Opus Dei que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideoscon Nengún comentario →
3
27-11-09 “A primeira xornada de folga no sector do comercio da alimentación rexistrou un amplo seguimento tanto na provincia de Pontevedra como na de A Coruña, xa que o 100% do persoal de almacéns secundou o paro, mentres que nas tendas o seguimento foi do 90%, especialmente pola forte represión e medidas de coaccións levadas a cabo nos últimos días polas empresas do Grupo Gadisa.” Máis na web da CIG. Esta reportaxe recolle a mobilización das traballadoras na cidade de Vigo, onde os piquetes foron perseguidos en todo momento por un dispositivo de mercenarios que protexeron os intereses dos empresarios.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
5
14/10/2009: Desde as seis e media da mañá as traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme en Vigo comezaban a primeira das tres xornadas de folga convocadas para o mes de outubro, cos piquetes ás portas desta factoría, onde a folga tivo un seguimento total. Ás once da mañá daba comezo unha manifestación desde a sede central de Caixanova, na rúa García Barbón, até as portas do Club Financeiro, fronte á que se encontra a inmobiliaria Promalar, que é a actual dona desta firma. Con esta manifestación o persoal de Alfageme denunciaba o impago do salario do mes de setembro, asi como o plan de viabilidade e a xestión que Juan Lago está a realizar.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
7
As traballadoras e traballadores de Treves da avenida de Vigo e do Campiño secundaron masivamente a xornada de folga convocada. E para visibilizar as súas demandas e continuar recollendo máis apoios, achegáronse neste dia até a cidade de Vigo a mobilizarse até as portas do seu principal cliente: PSA Citroen, do que demandan unha implicación neste conflito. Máis.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →