5
En Vigo lembrouse que nos últimos dous anos, o desemprego nos nove concellos da comarca de Vigo pasou de 25.381 persoas a 36.665, ou sexa, 12.000 novos parados/as. No conxunto do sur da provincia de Pontevedra, xa atinxe a preto de 60.000 persoas.Entre os sectores que máis sofren a crise están a construción e servizos, pero tamén actividades que son básicas para esta zona como o automotriz e o naval. Nas auxiliares de Citröen, non foron renovados milleiros de contratos eventuais e boa parte do cadro de persoal fixo pasou períodos de suspensión temporal da actividade. No naval perdeuse moito emprego polo descenso de actividade e por substitución de man de obra e outros sectores tamén están padecendo os efectos da crise ou da deslocalización. Mais info no web da CIG
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
6
Desde primeira hora da mañá, nos distintos estaleiros comezaban os piquetes a informar da convocatoria de folga no 10 de marzo para o sector, que tivo un seguimento do 80%. A CIG-Metal valora moi positivamente esta xornada, aínda máis se temos en conta toda a campaña mediática da patronal e as centrais sindicais UGT e CCOO en contra desta convocatoria, asi como da abusiva presenza policial, que pretendeu ter un efecto disuasorio no seguimento das mobilizacións, con identificacións e rexistros desde primeira hora da mañá, mais que non impediron que de novo as rúas de Vigo volveran visibilizar a forza dun sector que non baixa a cabeza e que respondeu con voz ben clara ás pretensións de renegociar o convenio ás costas dos traballadores/asr: non imos permitir máis recortes de dereitos e defenderemos o naval. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →
8
Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores. Mais info no web da CIG-Saúde.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalcon Nengún comentario →
7
[C+C] Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalcon Nengún comentario →
7
A asemblea de parados do naval repartía a primeira hora da mañá follas informativas aos compañeiros do estaleiro de Freire para dar a coñecer a súa situación e a problemática do sector na cuestión da contratación, facendo un chamamento para que saíran tomar o bocadillo con eles ás 10.30. De novo as portas pecháronse para a asemblea de parados e unha presenza e presión policial desproporcionada impediu que esta asemblea puidera ter lugar. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalcon Nengún comentario →