Documentario dos primeiros 4 anos da actividade da Gentalha • 11.02.09
Disponibilizamos o documentario “4 anos de Gentalha”, realizado no pasado ano 2008. Esta peza audiovisual é unha boa mostra do imenso traballo que este Centro Social leva a facer desde hai xa cinco anos en Compostela, na defensa do idioma e da cultura galega, e dando acollida a centos de concertos, proxeccións de filmes, palestras, e constituindo un importante referente cultural e unha ferramenta indispensábel para a construción do pensamento crítico nesta cidade. Fronte á criminalización deste centro social polo concelleiro do PP Conde Roa, que reclamou o peche da Gentalha do Pichel en declaracións aos medios despois da manifestación galegófoba do 8 de febreiro convocada por Galicia Bilingüe, desde Gzvideos queremos amosar a nosa solidariedade e apoio para con este proxecto, e darmos difusión a este documentario, como mellor mostra posíbel de rebater e visibilizar o traballo público deste centro social, de sobra coñecido pola cidadania de Compostela.








































