12 Vote up

A Confraría de Cangas comeza a retirada das súas contas de Caixanova e manifestación contra os recheos na ría de Vigo17.11.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O pasado 13 de novembro a Confraría de Pescadores de Cangas comezou a retirada das súas contas de Caixanova como un xeito de protesta dxs mariñeirxs contra esta entidade, responsábel en parte da desfeita ambiental en Massó, xa que é a accionista maioritaria da empresa Residencial Marina Atlántica, promotora das obras do porto deportivo. Ao día seguinte tivo lugar unha manifestación polas rúas de Vigo contra os recheos na ría.

Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon 3 Comentarios →

8 Vote up

Manifestación d’ARNSV contra a macrodepuradora02.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saude, que proveñen das industrias. Na cidade mais industrializada do país, as aguas industriais da maioria das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada dia, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ria nom se podan comercializar por ser nocivos para a saúde.Ler máis.

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →

11 Vote up

[ARNSV] Vídeo sobre o plan Vigo Íntegra26.11.08

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Recollemos vídeo realizado polo colectivo A Ría Non Se Vende, no que se explica, a través de diferentes diapositivas, o impacto social e ambiental que supón a posta en marcha do plan Vigo Íntegra. Tamén informamos de que o próximo 30 de novembro vai ter lugar unha manifestación pola retirada do plan.

Publicado en GZvideos, convocatorias, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →