12
O pasado 14 de Xuño milleiros de persoas integraban un mais a clásica marcha contra ENCE organizada pola Apdr (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), desta vez denunciando as autorizacións ambientais que a Xunta de Galiza acaba de conceder ao complexo contaminante. Este video chega vía ADEGA.info. A seguir reproducimos o comunidado da Apdr que convocou esta marcha:
(more…)
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
5
5 de xuño de 2007: día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalitismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esixen responsabilidades por esta desfeita. [mais info]
No seu día, Adega denunciara o perigo que corría o círculo lítica da Mourela e propuxera unha alternativa:
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
2
Manifestación contra o Plano Acuícola en Camelle, o pasado 30 de decembro. Milleiros de persoas démonos cita aló para denunciar po salvaxe atentado contra a costa que supoñen as piscifatorías de Camelle e Arou, que ocuparán conxuntamente máis de 300.000 m2 de litoral virxe. Pola túa costa, polo teu mar, NON AO PLANO ACUÍCOLA. Camelle NON SE VENDE nin por 5€ nin por 50€ o metro.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
2
Reportaxe sobre a cadea humana do pasado 16 de decembro en Merexo (Muxía). Máis de 2.000 persoas entre veciñanza e ecoloxistas, xuntáronse en Merexo (Muxía) na cadea humana e a manifestación en defensa do litoral organizada pola Plataforma Veciñal de Merexo. Entre todos/as esixímoslle á Xunta a retirada do nefasto Plano Acuícola. Mais esta non será a derradeira mobilización: a loita continúa en Camelle o vindeiro 28 de decembro.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
2
Imaxes da protesta contra o Plano Acuícola acontecida o pasado día 15 de novembro en Muxía, coincidindo co Consello da Xunta. Alí déronse cita membros de ADEGA e representantes das plataformas de afectados/as por este plano fortemente insustentábel, para facer ver á Xunta que o litoral NON SE VENDE. POLA NOSA TERRA, POLO NOSO MAR, NON AO PLANO ACUÍCOLA!
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →