13
O pasado 13 de novembro a Confraría de Pescadores de Cangas comezou a retirada das súas contas de Caixanova como un xeito de protesta dxs mariñeirxs contra esta entidade, responsábel en parte da desfeita ambiental en Massó, xa que é a accionista maioritaria da empresa Residencial Marina Atlántica, promotora das obras do porto deportivo. Ao día seguinte tivo lugar unha manifestación polas rúas de Vigo contra os recheos na ría.
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon 3 Comentarios →
23
Presentamos unha reportaxe de máis de vinte minutos con numerosas entrevistas a acrivistas, viciñas, mariñeiros de Cangas, na xornada do 21 de xullo, o dia despois de que 16 persoas foran detidas diante das obras ilegais do porto deportivo de Massó, cando estaban a realizar unha sentada para evitar que entraran novas máquinas e camións que pretenden continuar co recheo e coa destrución nesta zona. Tamén achegamos galería fotográfica deste dia nesta ligazón.
Comeza a peza desde primeira hora da mañá cando tivo lugar unha concentración que reclamaba diante do concello a posta en liberdade de seis das 16 detidas, que pasaron a noite nos calabouzos.
A chegada da alcaldesa do concello, do BNG, Clara Millán, sorrindo diante das e dos concentrados, que aínda que detiveron a unha concelleira do seu propio goberno non foi quen nin de condenar a represión violenta nin de amosar solidariedade, foi o primeiro momento de tensión da xornada, pola desbordante mostra de cinismo e indiferenza amosada pola máxima responsábel da administración local desta vila.
(more…)
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, dereitos hum./civís, represióncon 1 Comentario →
5
Desde as 12 horas, e saíndo da Praza do Concello, os manifestantes marcharán atrás de cartaces que, entre outros, acollerán o lema principal: “Este modelo ten alternativa: defendamos o litoral!”. Deste xeito, nesta data, a defensa da costa do país centrará as reivindicacións, e denunciaranse “os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, froito da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento económico, que equipara crecemento e benestar social”. Fonte: Vieiros.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
11
Recollemos vídeo realizado polo colectivo A Ría Non Se Vende, no que se explica, a través de diferentes diapositivas, o impacto social e ambiental que supón a posta en marcha do plan Vigo Íntegra. Tamén informamos de que o próximo 30 de novembro vai ter lugar unha manifestación pola retirada do plan.
Publicado en GZvideos, convocatorias, defensa do territorio, ecoloxismocon Nengún comentario →
12
No interior, galería de diapositivas SOS Ría de Vigo
(more…)
Publicado en GZvideos, defensa do territoriocon 3 Comentarios →