14-04-09 Desde as 9.00 horas, cando empezou a acción, unhas cincuenta persoas concentráronse fronte ao edificio para apoiar aos seis encadeados, que impediron a entrada ao recinto ata as 10.30 horas. Nun comunicado, o colectivo “Transgenics fora!” sinalou que o director do Centro de Investigación Agrixenómica, Pere Puigdomènech, engana aos consumidores afirmando que os alimentos transxénicos son os máis seguros que hai no mercado, “dando cobertura científica á propaganda indefendíbel das multinacionais biotecnolóxicas, e obviando as evidencias científicas sobre os impactos sobre a saúde e o medio”. “A Generalitat é responsábel de ter promovido a expansión dos transxénicos en Catalunya sen ningún tipo de información nin debate, e responsábel de ter incumprido as normativas europeas relativas ao seguimiento, control e prevención dos posibles impactos”.
2
Semana de Loita Internacional contra os Transxénicos: Bloqueo do Centro de Investigación Agrixenómica de Barcelona
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































