23 Vote up

Reportaxe sobre as 16 detencións en Massó

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, dereitos hum./civís, represión on 23 Xull, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Presentamos unha reportaxe de máis de vinte minutos con numerosas entrevistas a acrivistas, viciñas, mariñeiros de Cangas, na xornada do 21 de xullo, o dia despois de que 16 persoas foran detidas diante das obras ilegais do porto deportivo de Massó, cando estaban a realizar unha sentada para evitar que entraran novas máquinas e camións que pretenden continuar co recheo e coa destrución nesta zona. Tamén achegamos galería fotográfica deste dia nesta ligazón.

Comeza a peza desde primeira hora da mañá cando tivo lugar unha concentración que reclamaba diante do concello a posta en liberdade de seis das 16 detidas, que pasaron a noite nos calabouzos.

A chegada da alcaldesa do concello, do BNG, Clara Millán, sorrindo diante das e dos concentrados, que aínda que detiveron a unha concelleira do seu propio goberno non foi quen nin de condenar a represión violenta nin de amosar solidariedade, foi o primeiro momento de tensión da xornada, pola desbordante mostra de cinismo e indiferenza amosada pola máxima responsábel da administración local desta vila.

Despois unha manifestación percorria o centro de Cangas até chegar aos xulgados, onde se agardou a saida das 6 persoas detidas, que declararon diante da xuiza até pasadas as tres da tarde.

Ao longo da xornada houbo novas concentracións, unha asemblea viciñal no concello, que rematou cunha nova manifestación polo centro de Cangas, chamando ao pobo de Cangas a continuar a loita pola defensa da terra e contra a destrución do territorio en Massó.

TAGS: , , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

1 comentario a “ Reportaxe sobre as 16 detencións en Massó ”

  1. # 1 pasatem Dixo:

    estupendo video. grazas pola vosa difusion, esto é o verdadero periodismo.
    seguiremos loitando, non parará unha loita de 3 anos atras para parar este porto deportivo e a conseguinte urbanizacion de luxo.
    Cangas quere este espazo para uso do pobo, fai falla cines, instalacions para a xuventude, espazos para a natureza, preservados, queremos ver a ria limpa, que é de todos nos e os que virán.

Deixa un comentario