Vía Onaranxo.org chega a GzVídeos o documentario “Quilombo electoral“, baseado na denuncia do fraude e carencias de fiabilidade no sistema do voto emigrante, centrando os testemuños en casos recollidos na Arxentina e numerosas entrevistas. Recollendo as palabras do autor, Ciudadano Frame:
“Levaba anos pensando na conveniencia de colgar na rede este traballo e creo que xa chegou o momento. Xa pasaron algo màis de tres anos dende a sùa realizaciòn e moita xente, sobre todo amigos meus, xa tiveron ocasiòn de velo. O tempo non pasa en balde e agora lembrando os motivos que me levaron a Bos Aires a producir e realizar esta peza teño que dicir que xa non son os mesmos que o que me motiva agora a colgalo na rede.A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano…agora confòrmome con mostrar.Sinceiramente este traballo non valeu de nada… ningùn partido polìtico (a pesares das sùas promesas) nin ningùn medio ( a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a sùa divulgaciòn ou emisiòn. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en comùn.Sei que me vou a meter en lìos pero tanto me ten…dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema està podre. A ninguèn lle interesa cambialo. Eu prefiro os lìos que a podredumbre…”









































28th Febreiro, 2009 ás 5:34 pm
Tendes unha recente entrevita a Carlos Taboada, o autor deste documental, nunha páxina galega chamada Cabozo (www.cabozo.com)
Para vela teredes que rexistrarvos, máis é moi doado, só piden un nome de usuario e unha conta de correo.
A páxina ten un funcionamento un pouco distinto ao habitual. Unha vez rexistrados veredes á dereita os grupos dos que vos fan membros automaticamente. Se picades sobre o círculo branco, a esquerda dos nomes dos grupos, entrades o contido dese grupo.
Para ir ao grupo onde está aloxada a entrevista teredes que ir a opción “únete a grupos de cabozo” e picar sobre o grupo “AchegasCabozo” así os unides ao grupo e poderedes ver o seu contido que é a entrevista. Eu perdinme un pouco o principio.
Decateime da entrevista por “Vieiros” , recoméndovola, non ten desperdicio.