O 7 de maio arrincaba unha nova xornada de folga para o sector do Metal na provincia de Pontevedra. Desde primeira hora da mañá xuntáronse os piquetes nas distintas zonas, para as dez da mañá achegarse até o Recinto Feiral de Vigo, Ifevi, onde ocuparon o Salón de Automóbil, que estes dias está neste espazo, pechando as portas do recinto “porque hoxe o salón do Automóbil é para os traballadores do Metal e para ninguén máis”. Mentres en Pontevedra, o grupo de piquetes de Marín ocupaba a sede dos empresarios desta comarca, asi como se pechaban no Hotel no que se celebraban unhas Xornadas sobre a Lei Concursal.
A imaxe pertence ao paro do naval do pasado 13 de maio, no que se denunciaron as contratacións irregulares que afectan en maior medida ao colectivo de migrantes.









































