18 Vote down Vote up

Pontevedra Antitaurina chama á mobilización o día 9 de Agosto

Publicado en GZvideos on 22 Xull, 2008

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A Plataforma Pontevedra Antitaurina convoca unha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar as touradas, durante as cais 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados coa complicidade das institucións públicas. Entre as actividades que están a realizar destaca a recollida de sinaturas a pé de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que están tendo moi boa acollida. Está prevista a realización dunhas mini-xornadas antitaurinas para os días previos á mobilización, que publicitaráns meiante o seu blogue. A de Pontevedra é a única praza de touros estábel da Galiza, e desde Pontevedra Antitaurina aseguran que loitarán pola súa desaparición. Para iso precisan da colaboración de tod@s nós, así que vémonos o sábado 9 de Agosto ás 19 horas na praza da Peregrina. NON FALTEDES!!

STOP TOURADAS!!  A TORTURA NON É ARTE NEN CULTURA!!

TAGS: ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

1 comentario a “ Pontevedra Antitaurina chama á mobilización o día 9 de Agosto ”

  1. # 1 Videos da barbárie « Dixo:

    […] Maior qualidade em: GzVideos.info […]

Deixa un comentario