Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo “Prestige” que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse o pasado 13 de novembro en diversos edificios públicos das principais cidades e vilas galegas.
Máis info na páxina de GNSV.









































