O passado 17 de dezembro celebrou-se umha jornada de debate sobre consumo responsável no CS A Revolta (Vigo) na que Miguel Méndez, do Sindicato Labrego Galego, apresentou o modelo de agricultura de responsabilidade compartilhada, com o objectivo de artelhar um grupo de consumidor@s que adquiram os produtos directamente às produtor@s.
13-12-09 “Os veciños da Ponte non están en contra da instalación dunha depuradora xa que o saneamento é necesario, o que si non están dispostos é a que se implante preto das súas casas e nun entorno paisaxístico dos poucos que se poden ver na zona (o río Maior, muíños centenarios, unha pequena carballeira que acubilla toda clase de paxaros e preto da praia do Dique). Pensan que o tema do saneamento de Baroña é Queiruga debe de ser levado a outra zona menos danosa e perigosa para o ben de todos eles.” E aquí outro vídeo que amosa a zona onde a Xunta quere instalar a depuradora.
A CIG-Mocidade de Vigo comezou o pasado domingo 13 de decembro unha campaña contra o consumismo e a explotación laboral nas datas do Nadal cunha concentración ás portas do centro comercial Gran Vía. A campaña leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!” e pretende visibilizar a situación de explotación e precariedade na que se encontran xs traballadorxs das grandes areas comerciais, situación que empeora coa campaña de consumo do Nadal. Deste xeito animan a non realizar compras en domingos ou festivos e a non utilizar os centros comercias como espazos de lecer, apostando por un consumo responsábel para romper co modelo capitalista. A próxima concentración terá lugar no Corte Inglés de Vigo o domingo 20 de decembro ás 17:30h.
”A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres.” Máis.
09-12-09 Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Máis.
12-12-09 Vigo acolleu este venres, a partir das 20.00 horas ante a escalinata do Museo de Arte Contemporánea (Marco), unha concentración en solidariedade coa activista do Sáhara Occidental Aminetu Haidar, que permanece en folga de fame no aeroporto de Lanzarote.
08-12-09 Centos de veciños concentráronse hoxe diante das instalacións da Brilat en Figueirido para protestar pola ocupación por parte do exército de ducias de hectáreas de monte que os veciños consideran comunal, e que foi usurpado ilegalmente. A protesta que se desonrolou sin incidentes durante máis dunha hora, estivo vixiada por un desproporcionado despregue policial que impediu aos manifestantes achegarse á entrada da base militar, tal e como era a súa intención. As forzas de seguridade obrigaron aos manifestantes a permanecer a 100 metros da entrada do recinto.
21-11-09 Vídeo da homenaxe ás vítimas do franquismo enmarcada dentro das VIII Xornadas Libertarias organizadas pola Unión Libertaria. O acto tivo lugar no ceminterio de Canido, coa participación dxs poetas Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez e Alfonso Rodríguez, o músico Víctor Agulló e intervencións da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
06-12-09 “Representantes das diferentes organizaçons soberanistas que venhem apoiando a iniciativa autodeterminista seguravam a faixa de cabeça que marchou polas ruas de Compostela passadas as 12.30 […] Ao contrário do que é habitual nas convocatórias do soberanismo galego, a polícia espanhola nom tivo presença ostensível, o que permitiu que a manifestaçom decorresse, até a praça do Toural, sem nengum incidente.” Mais em KaosGaliza.